Os luns ó sol
Os luns ó sol | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los lunes al sol |
Director | Fernando León de Aranoa |
Produtor | Elías Querejeta |
Guión | Fernando León de Aranoa Ignacio del Moral |
Intérpretes | Javier Bardem Luís Tosar José Ángel Egido Nieve de Medina |
Música | Lucio Godoy |
Fotografía | Alfredo Fernández Méndez |
Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
Estrea | 27 de setembro de 2002 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Orzamento | 3 354 000 € |
Recadación | 9 772 087,24 € (España),[1] 9 832 663 $ (mundial) ~ 10,5 millóns € |
Na rede | |
Os luns ó sol (en castelán: Los lunes al sol) é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros. Esta foi produción rodada principalmente entre A Coruña e Vigo, sendo estreada en 2002. Obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios Premios Mestre Mateo e varios premios Goya. Foi galardoado co Premio Mestre Mateo ó mellor filme na 1ª edición dos premios.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O escenario desta película é unha cidade costeira de Galiza. Os protagonistas son un grupo de amigos que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Javier Bardem como Santa
- Luís Tosar como José
- José Ángel Egido como Lino
- Nieve de Medina como Ana
- Enrique Villén como Reina
- Celso Bugallo como Amador
- Joaquín Climent como Rico
- Aida Folch como Nata
- Fernando Tejero como Lázaro
- Laura Domínguez como Ángela
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
1ª edición | Mellor filme | Elías Querejeta | Gañador |
Mellor actor | Luís Tosar | Gañador | |
Mellor actor secundario | Celso Bugallo | Gañador | |
Mellor actor secundario | José Ángel Egido | Nomeado |
Goya
[editar | editar a fonte]- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio ó mellor actor revelación para José Ángel Egido.
- Nomeamento a mellor actriz revelación para Nieve de Medina.
- Nomeamento ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Nomeamento á mellor montaxe.
- Unión de Actores:
- Premio ó mellor actor protagonista para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor de repartimento para Joaquín Climent.
- Premio á mellor actriz secundaria e revelación para Nieve de Medina.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Nomeamentos ó mellor actor revelación e secundario para José Ángel Egido.
- Premio Sant Jordi ó mellor actor español para Luís Tosar.
- Festival de San Sebastián:
- Cuncha de ouro á mellor película.
- Premio Ondas á mellor película española.
- Fotogramas de Plata.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor actor de cine para Javier Bardem.
- Premios do cine europeo:
- Nomeamento a mellor actor para Javier Bardem.
- Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nomeamento a mellor actriz para Nieve de Medina.
- Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nomeamento ó mellor actor secundario para José Ángel Egido.
- Nomeamento a mellor fotografía, montaxe, música orixinal.
- Premios ACE:
- Premio ó mellor actor para Javier Bardem.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nomeamento a mellor película.
- Nomeamento a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nomeamento a mellor actor secundario para Luís Tosar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Os luns ó sol". Consultado o 17 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2002
- Filmes en lingua castelá
- Filmes de España
- Filmes de Galicia
- Filmes dirixidos por Fernando León de Aranoa
- Filmes ambientados en Galicia
- Filmes rodados en Vigo
- Filmes gañadores da Cuncha de Ouro
- Premio Mestre Mateo ó mellor filme
- Premio Ondas
- Filmes de 2002 con versión en galego
- Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película