Filmes propostos ó mellor filme internacional na 75ª edición dos Óscar
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/29/Caroline-link-neues-rottmann-2020_%28cropped%29.jpg/200px-Caroline-link-neues-rottmann-2020_%28cropped%29.jpg)
Os seguintes 54 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 75ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa.[1] Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación da China, Finlandia, Alemaña, México e os Países Baixos. O galardón recaeu sobre Alemaña, co filme Nirgendwo in Afrika, dirixido por Caroline Link.
Afganistán, Bangladesh e o Chad presentaron os seus filmes por vez primeira.
Propostas[editar | editar a fonte]
País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
![]() |
Fire Dancer | Pashto e inglés | Jawed Wassel | Non nomeado |
![]() |
Nirgendwo in Afrika | Alemán e suahili | Caroline Link | Premio da Academia |
![]() |
Rachida | Francés e árabe | Yamina Bachir-Chouikh | Non nomeado |
![]() |
Kamchatka | Castelán | Marcelo Piñeyro | Non nomeado |
![]() |
Gebürtig | Alemán | Robert Schindel e Lukas Stepanik | Non nomeado |
![]() |
Matir Moina | Bengalí | Tareque Masud | Non nomeado |
![]() |
Le fils | Francés | Jean-Pierre e Luc Dardenne | Non nomeado |
![]() |
Cidade de Deus | Portugués | Fernando Meirelles | Non nomeado |
![]() |
Podgryavane na vcherashniya obed | Búlgaro | Kostadin Bonev | Non nomeado |
![]() |
Un crabe dans la tête | Francés | André Turpin | Non nomeado |
![]() |
Abouna | Árabe e francés | Mahamat Saleh Haroun | Non nomeado |
![]() |
Divoké včely | Checo | Bohdan Sláma | Non nomeado |
![]() |
Ogú y Mampato en Rapa Nui | Castelán | Alejandro Rojas | Non nomeado |
![]() |
Heroe | Mandarín | Zhang Yimou | Nomeado
|
![]() |
Los niños invisibles | Castelán | Lisandro Duque Naranjo | Non nomeado |
![]() |
Oasiseu | Coreano | Lee Chang-dong | Non nomeado |
![]() |
Fine mrtve djevojke | Croata | Dalibor Matanić | Non nomeado |
![]() |
Nada | Castelán | Juan Carlos Cremata Malberti | Non nomeado |
![]() |
Elsker dig for evigt | Dinamarqués | Susanne Bier | Non nomeado |
![]() |
Kruté radosti | Eslovaco | Juraj Nvota | Non nomeado |
![]() |
Zvenenje v glavi | Esloveno | Andrej Košak | Non nomeado |
![]() |
Los lunes al sol | Castelán | Fernando León de Aranoa | Non nomeado |
![]() |
A Girl's Secret | Árabe | Magdy Ahmed Aly | Non nomeado |
![]() |
Mga Munting Tinig | Tagalo | Gil M. Portes | Non nomeado |
![]() |
Mies vailla menneisyyttä | Finés | Aki Kaurismäki | Nomeado
|
![]() |
8 femmes | Francés | François Ozon | Non nomeado |
![]() |
To monon tis zois tou taxeidion | Grego | Lakis Papastathis | Non nomeado |
![]() |
Tian mai zhuan qi[2] | Inglés | Peter Pau | Descualificado |
![]() |
Hukkle | Húngaro | György Pálfi | Non nomeado |
![]() |
Devdas | Hindi | Sanjay Leela Bhansail | Non nomeado |
![]() |
Ca-bau-kan | Indonesio | Nia diNata | Non nomeado |
![]() |
I'm Taraneh, 15 | Persa | Rasul Sadrameli | Non nomeado |
![]() |
Hafið | Islandés | Baltasar Kormákur | Non nomeado |
![]() |
Broken Wings | Hebreo | Nir Bergman | Non nomeado |
![]() |
Pinocchio | Italiano | Roberto Benigni | Non nomeado |
![]() |
When Maryam Spoke Out | Árabe | mAssad Fouladkar | Non nomeado |
![]() |
Petites misères | Francés | Laurent Brandenburger e Philippe Boon | Non nomeado |
![]() |
El crimen del Padre Amaro | Castelán | Carlos Carrera | Nomeado
|
![]() |
Tyven, tyven | Noruegués | Trygve Allister Diesen | Non nomeado |
![]() |
Zus & Zo | Neerlandés | Paula van der Oest | Nomeado
|
![]() |
Edi | Polaco | Piotr Trzaskalski | Non nomeado |
![]() |
O Delfim | Portugués | Fernando Lopes | Non nomeado |
![]() |
Eldra[3] | Galés | Tim Lyn | Non nomeado |
![]() |
Filantropica | Romanés | Nae Caranfil | Non nomeado |
![]() |
House of Fools | Ruso e checheno | Andrei Konchalovsky | Non nomeado |
![]() |
Labyrinth | Serbio | Miroslav Lekic | Non nomeado |
![]() |
Lilja 4-ever | Sueco e ruso | Lukas Moodysson | Non nomeado |
![]() |
Aime ton père | Francés | Jacob Berger | Non nomeado |
![]() |
Monrak Transistor | Tailandés | Pen-ek Ratanaruang | Non nomeado |
![]() |
The Best of Times | Taiwanés, mandarín e hakka | Chang Tso-chi | Non nomeado |
![]() |
La Boîte magique | Francés e árabe | Ridha Behi | Non nomeado |
![]() |
Dokuz | Turco | Ümit Ünal | Non nomeado |
![]() |
El último tren | Castelán | Diego Arsuaga | Non nomeado |
![]() |
La pluma del arcángel | Castelán | Luis Manzo | Non nomeado |
![]() |
Out | Xaponés | Hideyuki Hirayama | Non nomeado |
Controversias e cambios[editar | editar a fonte]
O anuncio dos filmes elixibles aprazouse pola presenza de catro filmes que podían non cumprir as regras:
- Hong Kong propuxo un filme de acción (The Touch) rodado completamente en inglés e Afganistán enviou por primeira vez un filme (Fire Dancer) que trata sobre afgáns-estadounidenses rodado principalmente en inglés e parcialmente en dari. Cando se estreou en Afganistán dobrouse ao dari e esta versión foi a que se enviou á Academia. O filme de Hong Kong foi descualificado, mais o afgán (cuxo director fora asasinado antes de acabar a posprodución) foi aceptado.
- O Reino Unido seleccionou The Warrior, produción británica ambientada na India falada en hindi e dirixida por Asif Kapadia, director británico de ascendencia india. O filme, gañador do premio da BAFTA ao mellor filme británico, foi descualificado porque segundo a Academia o hindi non é unha lingua indíxena do Reino Unido e o filme non trata sobre británicos nin ambientado no país.[4] Finalmente foi substituído por Eldra, filme en galés. En 2006, a Academia modificou as regras para permitir a presenza de filmes en linguas non indíxenas.
- Palestina tratou de propor Divine Intervention, mais a Academia considerou que Palestina non era considerado un país nin tiña un comité nacional de selección.[5] A decisión foi criticada porque países non recoñecidos ou non soberanos como Taiwán, Hong Kong e Porto Rico si podían presentar filmes. A Academia modificou a decisión o ano seguinte e Divine Intervention puido participar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Record-Breaking 54 Countries in Competition for Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2 de decembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2002. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ O filme foi descualificado porque o diálogo estaba completamente en inglés e non nunha lingua estranxeira
- ↑ O Reino Unido escolleu orixinalmente The Warrior, mais non foi aceptado pola Academia
- ↑ "UK Hindi film causes Oscar trouble". BBC News. 2002-11-29. Consultado o 2008-09-28.
- ↑ Palestinian film denied Oscars entry
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |