Filmes propostos ó mellor filme internacional na 34ª edición dos Óscar
Aparencia
seguintes 13 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 34ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, o Xapón, México, España e Suecia. por segundo ano consecutivo, o Óscar recaeu nun filme de Ingmar Bergman en representación de Suecia, desta volta Como nun espello.[1]
A Arxentina, Austria e Suíza presentaron os seus filmes por vez primeira. Francia e Italia non conseguiron ser nomeados por primeira vez dende a introdución da categoría.
Propostas
[editar | editar a fonte]País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Arxentina | Piel de verano | Castelán | Leopoldo Torre Nilsson | Non nomeado |
Austria | Jedermann | Alemán | Gottfried Reinhardt | Non nomeado |
Dinamarca | Harry og kammertjeneren | Dinamarqués | Bent Christensen | Nomeado
|
España | Plácido | Castelán | Luis García Berlanga | Nomeado
|
Exipto | Wa Islamah | Árabe | Enrico Bomba e Andrew Marton | Non nomeado |
Filipinas | The Moises Padilla Story | tagalo | Gerardo de León | Non nomeado |
Francia | L'Année dernière à Marienbad | Francés | Alain Resnais | Non nomeado |
India | Stree | Hindi | Rajaram Vankudre Shantaram | Non nomeado |
Italia | A noite | Italiano | Michelangelo Antonioni | Non nomeado |
México | Ánimas Trujano | Castelán | Ismael Rodríguez | Nomeado
|
Suecia | Como nun espello | Sueco | Ingmar Bergman | Premio da Academia |
Suíza | Die Schatten werden länger | Alemán | Ladislao Vajda | Non nomeado |
Xapón | Eien no Hito | Xaponés | Keisuke Kinoshita | Nomeado
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ oscars.org (ed.). "The 34th Academy Awards (1962) Nominees and Winners". Consultado o 29 de outubro de 2011.