Filmes de Arabia Saudita propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Arabia Saudita presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2013.[3][4][5][6] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[7] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[8]
Até o ano 2023, sete filmes sauditas foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[9] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[7] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Arabia Saudita para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2013 (86ª) |
Wadjda[3] | Árabe | Haifa al-Mansur | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Barakah yoqabil Barakah[10] | Árabe | Mahmoud Sabbagh | Non nomeado |
2019 (92ª) |
The Perfect Candidate[11] | Árabe | Haifa al-Mansur | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Scales[12] | Árabe | Shahad Ameen | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Had Al Tar[13] | Árabe | Abdulaziz Alshlahei | Non nomeado |
2022 (95ª) |
'Ughniat alghurab | Árabe | Mohamed Al-Salman | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Alhamour H.A.[14] | Árabe | Abdulelah Alqurashi | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Saudi Arabia Nominates 'Wadjda' for Foreign Language Category". Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ Variety (ed.). "Oscars: Saudi Arabia Taps 'Wadjda' As First Foreign-Language Entry". Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ LA Times (ed.). "'Wadjda' is Saudi Arabia's first nominee for foreign-language Oscar". Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ Gulf News (ed.). "Saudi Arabia submits first film for Oscars with 'Wadjda'". Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Roxborough, Scott (24 de agosto de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Saudi Arabia Selects 'Barakah Meets Barakah' For Foreign-Language Category". Consultado o 24 de agosto de 2016.
- ↑ Vivarelli, Nick (4 de outubro de 2019). Variety, ed. "Haifaa Al Mansour's The Perfect Candidate Is Saudi Arabia's Oscar Contender". Consultado o 4 de outubro de 2019.
- ↑ Pond, Steve (17 de decembro de 2020). "Oscars International Entries Are Close to New Record, But Voters Can’t See Them All Yet". The Wrap. Consultado o 17 de decembro de 2020.
- ↑ "Oscars 2022: 10 films from the Arab world submitted for Best International Feature". The National News. 16 de novembro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ Pond, Steve (2023-10-30). "89 Films Enter International Race at 96th Academy Awards". The Wrap (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2023-11-01. Consultado o 2023-10-31.