Filmes do Camerún propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
O Camerún presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 1980.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Camerún para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
1980 (53ª) |
Notre fille | Francés | Daniel Kamwa | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Yahan Ameena Bikti Hai[7] | Hindi | Kumar Raj | Non saíu na lista final[8] |
2020 (93ª) |
The Fisherman's Diary[9] | Pidgin camerunés | Enah Johnscot | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Rêves cachés[10] | Inglés e francés | Ngang Romanus | Non nomeado |
2022 (95ª) |
The Planter's Plantation | Pidgin camerunés | Dingha Young Eystein | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Half Heaven[11] | Pidgin camerunés | Enah Johnscott | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ IndieWire, ed. (4 de setembro de 2016). "Africa At The Oscars: Best Foreign Language Film Submissions From The Continent – Cameroon". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2020. Consultado o 4 de setembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ The Times of India, ed. (11 de outubro de 2016). "Indian film Cameroon's entry for Oscars". Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (11 de outubro de 2016). "85 Countries In Competition For 2016 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ "Fisherman's Diary Puts Cameroon Film Industry on Global Map With Oscars Representation". Pan African Visions. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Will the African movie 'Hidden Dreams' be selected fro the 94th Academy Awards?". The Hot Jem. 13 de novembro de 2021. Consultado o 15 de novembro de 2021.
- ↑ Pond, Steve (2023-10-30). "89 Films Enter International Race at 96th Academy Awards". The Wrap (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2023.