Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 80ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2006 e o 30 de setembro de 2007.[3] A Academia convidou 95 países a enviar filmes a competición,[4] recibíndose sesenta e tres propostas, o maior número ata ese momento. Acerbaixán e Irlanda enviaron filmes por primeira vez.[5][6]
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 15 de xaneiro de 2009.[7] A selección foi controvertida, especialmente pola ausencia do filme romanés 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile, gañador da Palma de Ouro no Festival de Cannes e do francés Persepolis, Premio do Xurado do mesmo festival.[8][9][10][11][12] Os cinco candidatos (Austria, Casaquistán, Israel, Polonia e Rusia) anunciáronse o 22 de xaneiro de 2008.[3][13] O filme Die Fälscher de Stefan Ruzowitzky gañou o premio,[14] primeiro filme austríaco que o conseguiu.
Propostas
[editar | editar a fonte]Cambios e ontroversias
[editar | editar a fonte]- A Academia determinou que as propostas iniciais de Israel e Taiwán non cumprían os requirimentos. A israelí The Band's Visit porque contiña demasiados diálogos en inglés[15][16] e Sè, Jiè por non ter suficiente participación taiwanesa.[17] Ambos os países enviaron outros filmes.[18]
- A proposta oficial de Bolivia, Los Andes no creen en Dios, non aparece na listaxe final.[19]
- A proposta da India, Eklavya: The Royal Guard, foi obxecto dunha demanda por considerarse que o comité de selección tiña ligazóns co equipo que produciu Eklavya; porén, a India mantivo o filme como a súa selección.[20]
- A British Academy of Film and Television Arts foi obxecto de crítica por non enviar nin o filme en gaélico escocés Seachd: The Inaccessible Pinnacle nin o filme en galés Calon Gaeth.[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Special Rules for the Best Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 2008-03-14. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ "95 Countries to Receive Foreign Language Film Entry Forms for 2007 Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2007-06-22. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ "A Record 63 Countries Vying For Best Foreign-Language Oscar Nod". Yahoo! Movies. 2007-10-17. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Galloway, Steven (2007-11-12). "Oscar's Foreign Movie Rules Questioned". Backstage. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-17. Consultado o 2008-06-25.
- ↑ "Nine Foreign Language Films Advance in 2007 Oscar Race". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2008-01-15. Arquivado dende o orixinal o 2008-04-30. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Gaydos, Steven; McCarthy, Libby (2008-01-15). "Oscar's foreign film race heats up". Variety. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ "Oscar-snubbed '4 Months' rivets". The Washington Post. 2008-02-01. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Kenny, Glenn (2008-01-17). "4 Months, 3 Weeks and 2 Days". Premiere. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2008. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Goodman, Dean (2008-01-22). "Acclaimed films miss out on foreign-Oscar bid". Reuters. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Collett-White, Mike (2008-02-22). "Snubs, omissions taint Oscar foreign film award". Yahoo! Movies. Arquivado dende o orixinal o 2008-02-28. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ "Nominations – 80th Annual Academy Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2008-01-22. Arquivado dende o orixinal o 2008-06-22. Consultado o 2008-06-24.
- ↑ Pearson, Ryan (2008-02-25). "Austria's 'Counterfeiters' Wins Oscar". Fox News. Arquivado dende o orixinal o 2008-04-08. Consultado o 2008-06-24.
- ↑ Kershner, Isabel (2007-10-31). "The Band's Visit". The New York Times. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Jaafar, Ali (2007-10-12). "Oscar deems 'Band's Visit' ineligible". Variety. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Lee, Min (2007-10-19). "Taiwan drops 'Lust, Caution' as Oscar entry". The China Post. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2012. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Uni, Assaf (2008-01-22). "Israeli film Beaufort nominated for Oscar for Best Foreign Film". Haaretz. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2008. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Orellana, Ruddy (2007-12-13). "110 mil personas vieron el último filme de Eguino". Los Tiempos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. Consultado o 2008-06-24.
- ↑ "India Retains 'Eklavya: The Royal Guard' as Official Oscar Entry". VOA (en inglés). Consultado o 2022-03-31.
- ↑ Dawtrey, Adam (2007-10-04). "BAFTA attacked over Oscars". Variety. Consultado o 2008-06-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |