Jani Gal
Aparencia
Jani Gal | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ژانی گەل |
Director | Jamil Rostami |
Produtor | Jamil Rostami |
Guión |
|
Baseado en | Jani Gal de Ibrahim Ahmad |
Intérpretes |
|
Música | Karen Homayounfar |
Fotografía | Nader Masumi |
Montaxe | Morteza Moeeni |
Estudio | Suli Film |
Estrea | 22 de xullo de 2007 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Iraq |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Jani Gal (en kurdo central: ژانی گەل) é un filme iraquí de 2007 rodado en lingua kurda e dirixido por Jamil Rostami, quen coescribiu o guión con Khosro Sina e tamén foi o produtor. O filme está baseado na novela homónima de Ibrahim Ahmad de 1972. Está protagonizado por Nzar Salami, Renas Wrya e Abdul Hamajwan. A historia, ambientada no Kurdistán das décadas de 1940 e 1950, narra a crónica de Jwamer despois de saír do cárcere e a procura da súa muller e do seu fillo. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Record 63 Countries Vying For Best Foreign-Language Oscar Nod". Yahoo! Movies. 2007-10-17. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008. Consultado o 2008-06-23.
- ↑ Gaydos, Steven; McCarthy, Libby (2008-01-15). "Oscar's foreign film race heats up". Variety. Consultado o 2008-06-23.