80ª edición dos Óscar
A 80ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2007 dos Estados Unidos e celebrouse o 24 de febreiro de 2008 no Kodak Theatre de Hollywood, Os Ánxeles. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. Gil Cates foi o produtor do evento, facendo con esta a súa décimo cuarta quenda.[1] Jon Stewart presentou a cerimonia, sendo a segunda vez. Anteriormente presentara a 78ª edición dos Óscar.[2]
Non é un país para vellos dominou a gala acadando catro premios dos oito ós que optaba, incluíndo o Óscar ó mellor filme. Por primeira vez dende a 37ª edición dos Óscar (1964), a Academia entregou os catro premios de interpretación a actores non americanos. Os galardoados foron: Daniel Day-Lewis (irlandés) por There Will Be Blood (Mellor actor), Marion Cotillard (francesa) por La Môme (Mellor actriz), Javier Bardem (español) por Non é un país para vellos (Mellor actor secundario) e Tilda Swinton (inglesa) por Michael Clayton (Mellor actriz secundaria). A cerimonia continuou coa tendencia dos anos anteriores, sen un filme premiado máis de catro veces.
Gañadores e nomeados[editar | editar a fonte]
Os nomeados desta edición foron anunciados o 22 de xaneiro polo presidente da Academia, Sid Ganis, e a actriz Kathy Bates, no Samuel Goldwyn Theater na sede da Academia en Beverly Hills (California). Os filmes Non é un país para vellos e There Will Be Blood recibiron cada un deles oito nomeamentos.
Premios[editar | editar a fonte]
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[3]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/be/COEN_Brothers_%28cannesPH%29.jpg/220px-COEN_Brothers_%28cannesPH%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/Daniel_Day-Lewis_2007.jpg/150px-Daniel_Day-Lewis_2007.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/80/Marion_Cotillard_%28July_2009%29_1.jpg/150px-Marion_Cotillard_%28July_2009%29_1.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Javier_Bardem_2011_AA.jpg/150px-Javier_Bardem_2011_AA.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Diablo_Cody_at_TIFF_2009_cropped_2.jpg/150px-Diablo_Cody_at_TIFF_2009_cropped_2.jpg)
Predecesor: 79ª edición dos Óscar |
Premios Oscar 80ª edición dos Óscar |
Sucesor: 81ª edición dos Óscar |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "80th Annual Academy Awards Show Producer". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 28 de febreiro de 2013.
- ↑ "Jon Stewart returns as Oscar host". BBC. 12 de setembro de 2007. Consultado o 12 de setembro de 2007.
- ↑ "The 80th Academy Awards (2008) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 28 de febreiro de 2013.