87ª edición dos Óscar
A 87ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2014 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 22 de febreiro de 2015 no Dolby Theatre en Hollywood, California. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. O evento foi televisado nos Estados Unidos pola canle ABC, e foi producido por Neil Meron e Craig Zadan e dirixido por Hamish Hamilton. O actor Neil Patrick Harris foi o presentador da gala por primeira vez.[1]
Por outra banda, a Academia celebrou a 6ª cerimonia anual dos Premios Gobernador no Grand Ballroom de Hollywood and Highland Center o 8 de novembro de 2014.[2] O 7 de febreiro de 2015, nunha cerimonia no The Beverly Hills Hotel en Beverly Hills (California), foron presentados os Premios da Academia ó Logro Técnico por Margot Robbie e Miles Teller.[3]
Birdman or (The Unexpected Virtue of Ignorance) e The Grand Budapest Hotel foron os que máis premios gañaron,[4] con cadanseus catro galardóns.[5] Birdman gañou o mellor director, mellor filme e mellor guión orixinal para Alejandro González Iñárritu, mentres que The Grand Budapest Hotel gañou mellor banda sonora para Alexandre Desplat.[6] Outros gañadores foron Whiplash con tres premios como mellor actor secundario para J. K. Simmons,[7] e The Theory of Everything, Still Alice, Boyhood, The Imitation Game, Big Hero 6, Ida, Citizenfour, Crisis Hotline: Veterans Press 1, The Phone Call, Feast, Selma, O francotirador e Interstellar cun premio cada un.
Gañadores e nomeados
[editar | editar a fonte]Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[8]
Premios de Honra
[editar | editar a fonte]A Academia tamén celebrou a sexta edición dos Premios Gobernadores o 8 de novembro de 2014, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra e o Premio Humanitario Jean Hersholt.[2][9][10]
Oscars de Honra
[editar | editar a fonte]Premio humanitario Jean Hersholt
[editar | editar a fonte]Predecesor: 86ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 87ª edición dos Óscar |
Sucesor: 88ª edición dos Óscar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gray, Tim (15 de outubro de 2014). "Neil Patrick Harris to Host the Oscars". Variety. Consultado o 15 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "Academy Unveils 2014 Governors Awards Recipients". Variety. Consultado o 1 de setembro de 2014.
- ↑ "Margot Robbie, Miles Teller to hand out Sci-Tech Oscars". Entertainment Weekly. 28 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2015.
- ↑ The Sydny Morning Herald (ed.). "Oscars 2015 winners: Birdman, The Grand Budapest Hotel get the most awards". Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ Carroll, Rory. "Birdman wins the big two, but ties with Grand Budapest Hotel in total Oscars tally". The Guardian. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ "Oscars 2015: 'Birdman,' 'Grand Budapest Hotel' Win Big". Rolling Stone. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ Beaumont-Thomas, Ben. "JK Simmons wins best supporting actor Oscar for Whiplash". The Guardian. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ "The 87th Academy Awards (2015} Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ "Honorary Oscars presented to Harry Belafonte, Maureen O'Hara, Hayao Miyazaki". CBS News. Consultado o 9 de novembro de 2014.
- ↑ "Harry Belafonte, Hayao Miyazaki, Maureen O'Hara to get honorary Oscars". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2014.