Saltar ao contido

Colleen Atwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaColleen Atwood
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Yakima, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCornish College of the Arts (en) Traducir
Universidade de Nova York - Belas Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiseñador de vestuario, deseñador de moda, deseñadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm0041181 Allocine: 57487 Allmovie: p80161 IBDB: 493877
Musicbrainz: 5538185e-90dd-4647-b486-d9155a04ac04 Discogs: 4749680 Editar o valor en Wikidata

Colleen Atwood, nada en Yakima (Washington) o 25 de setembro de 1948,[1] é unha deseñadora de vestiario estadounidense.

Atwood foi candidata ao Óscar ao mellor deseño de vestiario en doce ocasións, e gañouno polos filmes Chicago (2002), Memorias dunha gueixa (2005), Alice in Wonderland (2010) e Animais fantásticos e onde atopalos (2016). Colaborou varias veces cos directores Tim Burton, Rob Marshall e Jonathan Demme.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e estudos

[editar | editar a fonte]

Atwood naceu en Yakima, Washington, e estudou pintura no Cornish College of the Arts de Seattle a principios da década de 1970. Posteriormente traballou en varios lugares, como na tenda de Yves St. Laurent nos almacéns Frederick & Nelson da cidade.[3]

Atwood comezou a súa carriera como conselleira de moda en Washington a principios da década de 1970. Mudouse a Nova York en 1980, onde estudou na Universidade de Nova York.[4] A súa carreira no cinema comezou tras un encontro casual co fillo dunha das deseñadoras dos decorados do filme Ragtime, tralo que obtivo o traballo de axudante de produción nese filme.[3][5] Traballou como axudante de deseño de vestiario e finalmente logrou o seu primeiro traballo en A Little Sex, dirixido por Bruce Paltrow.[4]

Atwood entrou no mundo do deseño de vestiario para teatro e cinema, acadando a fama polo seu traballo na xira mundial Bring on the Night de Sting, da que se realizou un documental homónimo.[6] Un punto importante na súa carreira chegou cando, a través do deseñador de produción Bo Welch, con quen traballara en Joe Versus the Volcano, coñeceu o director Tim Burton. Atwood e Burton traballaron xuntos en sete filmes nos seguintes anos, a partir de Edward Scissorhands.[3][5] Mudouse aos Ánxeles en 1990.[4]

Atwood involucrouse parcialmente no desenvolvemento o foi a deseñadora xefa en máis de cincuenta filmes. Tamén foi a deseñadora de todos os traxes novos para Ringling Bros. e Barnum & Bailey Circus en 2005-2006 e dos uniformes de The Black Parade para o grupo My Chemical Romance, ademais do vestiario do seu seguinte álbum, Danger Days: The True Lives of the Fabulous Killjoys. Tamén traballa na televisión, como nas series Arrow,[7] The Flash,[7] e Supergirl.[7]

Os deseñadores de moda favoritos de Atwood inclúen Azzedine Alaia,[4] Yohji Yamamoto[4] e Alexander McQueen.[4][8]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Director
1984 Firstborn Michael Apted
1985 Bring on the Night
1986 Manhunter Michael Mann
1987 Critical Condition Michael Apted
The Pick-up Artist James Toback
Someone to Watch Over Me Ridley Scott
1988 For Keeps John G. Avildsen
Casada con todos Jonathan Demme
Fresh Horses David Anspaugh
Torch Song Trilogy Paul Bogart
1989 Hider in the House Matthew Patrick
1990 The Handmaid's Tale Volker Schlöndorff
Joe Versus the Volcano John Patrick Shanley
Edward Scissorhands Tim Burton
1991 O silencio dos cordeiros Jonathan Demme
Rush Lili Fini Zanuck
1992 Lorenzo's Oil George Miller
1993 Born Yesterday Luis Mandoki
Filadelfia Jonathan Demme
1994 Cabin Boy Adam Resnick
Wyatt Earp Lawrence Kasdan
Ed Wood Tim Burton
Little Women Gillian Armstrong
1995 The Grotesque John-Paul Davidson
1996 The Juror Brian Gibson
That Thing You Do! Tom Hanks
Head Above Water Jim Wilson
Mars Attacks! Tim Burton
1997 Buddy Caroline Thompson
Gattaca Andrew Niccol
1998 Fallen Gregory Hoblit
Beloved Jonathan Demme
Mumford Lawrence Kasdan
1999 Sleepy Hollow Tim Burton
2001 Golden Dreams Agnieszka Holland
The Mexican Gore Verbinski
Planet of the Apes Tim Burton
2002 CinéMagique Jerry Rees
Chicago Rob Marshall
2003 Big Fish Tim Burton
2004 Unha serie de sucesos desafortunados, de Lemony Snicket Brad Silberling
2005 Memorias dunha gueixa Rob Marshall
2006 Mission: Impossible III J. J. Abrams
2007 Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street Tim Burton
2009 Nine Rob Marshall
2010 Alice in Wonderland Tim Burton
2010 The Tourist Florian Henckel von Donnersmarck
2011 The Rum Diary Bruce Robinson
In Time Andrew Niccol
2012 Sombras tenebrosas Tim Burton
Snow White and the Huntsman Rupert Sanders
2014 Big Eyes Tim Burton
Into the Woods Rob Marshall
2016 The Huntsman: Winter's War Cedric Nicolas-Troyan
Alice Through the Looking Glass James Bobin
Miss Peregrine's Home for Peculiar Children Tim Burton
Animais fantásticos e onde atopalos David Yates
2018 Tomb Raider Roar Uthaug
Fantastic Beasts: The Crimes of Grindelwald David Yates
2019 Dumbo Tim Burton
Lady and the Tramp Charlie Bean
O escándalo Jay Roach
TBA The Little Mermaid Rob Marshall

Televisión

[editar | editar a fonte]
  1. "Atwood, Colleen". Current Biography Yearbook 2010. Ipswich, MA: H.W. Wilson. 2010. pp. 19–22. ISBN 9780824211134. 
  2. "Oscars: Colleen Atwood wins for Alice in Wonderland costume design". LA Times. 27 de febreiro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Who dresses Johnny Depp? Costumer Colleen Atwood, a Northwest native". The Seattle Times. 11 de decembro de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Diamond, Jamie (24 de febreiro de 2005). "A Costume Drama in Modern Dress". New York Times. 
  5. 5,0 5,1 "Behind the Scenes; A Dozen Bright Talents Who Are Helping To Shape the Season Ahead:COLLEEN ATWOOD: Clothes Conscientious". New York Times. 9 de setembro de 1990. 
  6. Maslin, Janet (8 de novembro de 1985). "SCREEN: STING IN 'BRING ON THE NIGHT'". New York Times. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Costume Designer Colleen Atwood on Making the Heroes of ‘Flash’ & ‘Arrow’ Look Super". Variety. 3 de xuño de 2015. 
  8. Leung, Mariana (1 de xuño de 2012). "Exclusive Interview: Oscar-Winning Costume Designer Colleen Atwood". Ms Fabulous. Consultado o 8 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]