Clint Eastwood
Clint Eastwood, nado en San Francisco (California) o 31 de maio de 1930, é un actor, produtor e director de cine estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais foron Clinton e Ruth, establecidos en Piedmont. Entre 1934 e 1939 [1] a familia moveuse frecuentemente na procura de traballo, eran os anos da Gran Depresión e finalmente conseguiron establecerse de novo en Piedmont. Mentres realizaba os seus estudos secundarios traballaba fóra do instituto para ter diñeiro para as súas afeccións. Non era un bo estudante e os seus pais decidiron que fose a un instituto de formación profesional graduándose en 1949.
Realizou o servizo militar como instrutor de natación en Fort Ord. Isto permitiulle aforrar uns dólares, cos que puido pagarse unhas clases de arte dramática en Los Angeles College.
Foi fortemente influenciado por dous amigos que coñeceu no campamento militar, David Janssen que sería famoso polo seu papel como actor na serie O fuxitivo, e Martin Milner, que realizou outra serie titulada A vida de Ritley".
Coa axuda deles logrou un contrato coa Universal de 76 dólares semanais, garantidas corenta semanas ó ano de traballo nos seus estudios. Nesa época os grandes estudios tiñan unha política chamada Star System, coa que se encargaban de formar e puír ás futuras estrelas.
En 1953 casou con Maggie Johnson, nai dos seus fillos Kyle e Alison, e un ano despois, debutou nunha película chamada Revenge of the creature co director Jack Arnold, repetindo con el na película Tarantula. Tamén en 1955, traballou en películas como Francis in the navy (de Arthur Lubin) ou Lady Godiva.
Pasou seis anos traballando en televisión, na serie Rawhide. Isto fixo que a súa innegable apostura se fixese popular nos medios.
Pero o seu gran salto á fama foi en 1963, cando James Coburn rexeitou o papel protagonista de Magnificent Stranger de Sergio Leone, rodada en Almería. A película acabou titulándose Por un puñado de dólares. Eastwood tivo que achegar o seu propio vestiario, comprando o poncho que sería famoso nas seguintes películas de Leone.
Cos famosos Spaghetti Westerns Por un puñado de dólares, Per qualche dollaro in più e O bo, o feo e o malo, Clint Eastwood cobrou 270.000 dólares. Eastwood estampa nestas películas a súa clásica figura de duro e sen piedade.
No seu país traballou nesta primeira época con actores do talle de Richard Burton, Lee Marvin, Shirley MacLaine, Telly Savalas ou Donald Sutherland, consagrándose como unha estrela de acción do celuloide.
En 1971 dirixe a súa primeira película, Play Misty for Me.
Nese mesmo ano Don Siegel ofrécelle o papel que marcará a súa carreira interpretativa, Harry o sucio, no que retorna ó home duro e sen piedade das anteriores películas, pero convertido en axente da lei. Máis tarde virían Harry o forte (1973) e Harry o executor, ambas secuela da serie.
Con estas actuacións Eastwood consagrouse definitivamente como estrela do cine e que o enmarcaron como duro. Nos 80, seguindo no papel de Harry, faría Impacto súbito (1983, tamén dirixida por el) e Harry o sucio na lista negra.
Nun principio pensouse para ese papel en John Wayne pero non quixo ó pensar que podería ser negativo para a súa imaxe pola súa polémica "violencia gratuíta".
Reavivando a pobre lapa do western, realiza dúas películas Joe Kidd e Inferno de covardes, a súa segunda película como director.
Por temor a ser encadrado no papel de machista e fascista, elixe interpretar películas como Un botín de 500.000 dólares, The Eiger Sanction ou O fóra da lei.
En 1986 entra na vida política como alcalde de Carmel, a cidade onde reside habitualmente, abandonando o cargo un ano despois pola falta de tempo para realizar as súas películas.
En 1988 crea a súa propia produtora Malpaso Productions.
A súa vida sentimental cambia mentres roda Ruta suicida ó coñecer á actriz Sondra Locke, da que terminaría namorándose e provocando a ruptura con Maggie Johnson despois de 35 anos de matrimonio.
A relación sentimental entre Sondra e Clint termina en 1989 debido ó seu romance coa tamén actriz Frances Fisher, coa que ten unha filla. Sete anos despois termina casando coa xornalista Dina Ruiz.
Experimentando como director e evolucionando cara a unha etapa máis creativa realiza varias películas seguidas, interpretadas por el mesmo, como Firefox, Sudden Impact, Pale Rider e finalmente O sarxento de ferro.
Polo seu puído e exitoso traballo recibiu en 1991 o Premio Irving G. Thalberg á súa traxectoria na gala de entrega dos Óscar.
A partir dese momento dirixe unha serie de películas que o converten nun dos directores máis destacados dos 90: tras Bird e White Hunter Black Heart, dirixe a que algúns consideran a súa mellor película, Sen perdón, galardoada cun Globo de Ouro ó mellor director e catro Óscars, entre eles o de mellor película e mellor director, sendo tamén candidato como mellor actor.
En A Perfect World volve a dirixirse a si mesmo, compartindo cartel cun dos intérpretes de moda nese momento, Kevin Costner. Despois filmou As pontes de Madison, onde a súa calidade interpretativa se reafirma compartindo cartel con Meryl Streep.
Dirixe á súa propia filla en Midnight in the Garden of Good and Evil (1997) e no 2000 xunto a Tommy Lee Jones, Donald Sutherland e James Garner, protagoniza e dirixe Space Cowboys, segunda película con máis éxito de público dos Estados Unidos ese ano.
Mystic River, película que dirixe en 2003, significa a volta de Eastwood ó cine comprometido. Con esta película consegue seis candidaturas ós Óscar, entre elas a de mellor película e mellor director, gañando dous premios (ó mellor actor e ó mellor actor secundario).
En 2004 dirixe e protagoniza Million Dollar Baby, película que reedita o éxito colleitado con Sen perdón, e coa que gaña o seu segundo Óscar como mellor director, ademais de conseguir o Premio á mellor película.
En 2006 volve á súa faceta como director e dirixe Bandeiras de nosos pais (baseada na novela escrita por un fillo dun dos superviventes da batalla) e Cartas de Iwo Jima. As películas contan as experiencias da Batalla de Iwo Jima desde o punto de vista estadounidense e xaponés respectivamente. A segunda gañou o Globo de Ouro 2007 na categoría de mellor película de fala non inglesa, e as dúas foron nomeadas na categoría de mellor director.
Ademais das súas facetas como actor, director e realizador, Clint Eastwood compón discos de jazz e bandas sonoras. Posúe varias empresas deportivas e hostaleiras, entre elas un complexo turístico de luxo na localidade de Carmel-by-the-Sea (condado de Monterey). Clint ten fama de ser un home deportista a pesar da súa idade, e esa imaxe favorece ás súas empresas.
Ten sete fillos:
- Kimber Eastwood (17-06-64) con Roxanne Tunnis.
- Kyle (19-05-68) e Alison Eastwood (22-05-72) con Maggie Johnson.
- Kathryn Eastwood (02-02-88) con Jacelyn Reeves.
- Heather Eastwood (19-07-88).
- Francesca Fisher-Eastwood (07-08-93) con Frances Fisher.
- Morgan Eastwood (12-12-96) con Dina Ruiz.
Filmografía de Clint Eastwood
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Filmografía de Clint Eastwood.
Como actor
[editar | editar a fonte]- Revenge of the Creature (1955)
- Francis in the Navy (como Jonesey) (1955)
- Lady Godiva (1955)
- Tarantula (1955)
- Never Say Goodbye (1956)
- Star in the Dust (1956)
- Away All Boats (1956)
- The First Traveling Saleslady (Lieutenant Jack Rice, Roughrider) (1956)
- Escapade in Japan (1957)
- With You In My Arms (George Moseley) (1958)
- Ambush at Cimarron Pass (como Keith Williams) (1958)
- Lafayette Escadrille (1958)
- Rawhide (TV) (como Rowdy Yates (1959-1966)
- Por un puñado de dólares (como Joe (The Man with No Name) (1964)
- Per qualche dollare in più (como Monco (The Man with No Name) (1965)
- O bo, o feo e o malo (como Blondie (The Man with No Name) (1966)
- Le Streghe (como Charlie (segmento "Sera come le altre, Una") (1967)
- Cometeron dous erros (como Marshal Jed Cooper) (1968)
- Coogan's Bluff (como Deputy Sheriff Walt Coogan) (1968)
- Where Eagles Dare (como Lieutenant Morris Schaffer) (1968)
- Paint Your Wagon (como Sylvester 'Pardner' Newel) (1969)
- Dúas mulas e unha muller (como Hogan) (1970)
- Os violentos de Kelly (como Private Kelly) (1970)
- As defraudadas (como Cpl. John McBurney) (1971)
- Play Misty for Me (como David 'Dave' Garver) (1971)
- Harry o sucio (como Harry Callahan) (1971)
- Joe Kidd (como Joe Kidd) (1972)
- Inferno de covardes (como The Stranger) (1973)
- Harry o forte (como Harry Callahan) (1973)
- Un botín de 500.000 dólares (como Thunderbolt) (1974)
- The Eiger Sanction (como o Dr. Jonathan Hemlock) (1975)
- O fóra da lei (como Josey Wales) (1976)
- Harry o executor (como Harry Callahan) (1976)
- Ruta suicida (como Ben Shockley) (1977)
- Every Which Way But Loose (como Philo Beddoe) (1978)
- Fuga de Alcatraz (como Frank Morris) (1979)
- Bronco Billy (como Bronco Billy McCoy) (1980)
- Any Which Way You Can (como Philo Beddoe) (1980)
- Firefox (como Mitchell Gant) (1982)
- Honkytonk Man (como Red Stovall) (1982)
- Impacto Súbito (como Harry Callahan) (1983)
- Tightrope (como Wes Block) (1984)
- City Heat (como Lieutenant Speer) (1984)
- O xinete pálido (Pale Rider) (como Preacher) (1985)
- O sarxento de ferro (como Gunnery Sergent Tom 'Gunny' Highway) (1986)
- Harry o sucio na lista negra (como Harry Callahan) (1988)
- Pink Cadillac (como Tommy Nowak) (1989)
- White Hunter Black Heart (como John Wilson) (1990)
- O principiante (como Nick Pulovski) (1990)
- Sen perdón (como William 'Bill' Munny) (1992)
- In the Line of Fire (como Secret Service Agent Frank Horrigan) (1993)
- Un mundo perfecto (como Chief Red Garnett) (1993)
- As pontes de Madison (como Robert Kincaid) (1995)
- Poder absoluto (como Luther Whitney) (1997)
- Execución inminente (como Steve Everett) (1999)
- Space Cowboys (como Dr. Frank Corvin) (2000)
- Débeda de sangue (como Terry McCaleb) (2002)
- Million Dollar Baby (como Frankie Dunn) (2004)
- O Gran Torino (2008)
Como director
[editar | editar a fonte]- Play Misty for Me (1971)
- Inferno de covardes (1973)
- Breezy (1973)
- The Eiger Sanction (1975)
- O fóra da lei (1976)
- Ruta suicida (1977)
- Bronco Billy (1980)
- Firefox (1982)
- Honkytonk Man (1982)
- Impacto súbito (1983)
- O xinete pálido (1985)
- O sarxento de ferro (1986)
- Bird (1988)
- White Hunter Black Heart (1990)
- O principiante (1990)
- Sen perdón (1992)
- Un mundo perfecto (1993)
- As pontes de Madison (1995)
- Poder absoluto (1997)
- Midnight in the Garden of Good and Evil (1997)
- Execución inminente (1999)
- Space Cowboys (2000)
- Débeda de sangue (2002)
- Mystic River (2003)
- Million Dollar Baby (2004)
- Bandeiras de nosos pais (Flags of Our Fathers, 2006)
- Cartas de Iwo Jima (Letters from Iwo Jima, 2006)
- O Gran Torino (2008)
- Invictus (2009)
- Alén da vida (2010)
- J. Edgar (2011)
- Jersey Boys (2014)
- O francotirador (2014)
Como guionista
[editar | editar a fonte]- Per qualche dollaro in più (1964)
Como produtor
[editar | editar a fonte]- Firefox (1982)
- Honkytonk Man (1982)
- Impacto súbito (1983)
- Tightrope (1984)
- O xinete pálido (1985)
- O sarxento de ferro (1986)
- Bird (1988)
- White Hunter Black Heart (1990)
- Sem perdón (1992)
- Un mundo perfecto (1993)
- As pontes de Madison (1995)
- The stars fell on Henrietta (1995)
- Poder absoluto (1997)
- Midnight in the Garden of Good and Evil (1997)
- Execución inminente (1999)
- Space Cowboys (2000)
- Débeda de sangue (2002)
- Mystic River (2003)
- Million Dollar Baby (2004)
- Bandeiras de nosos pais (2006)
- Cartas de Iwo Jima (2006)
- O Gran Torino (2008)
Como músico (bandas sonoras)
[editar | editar a fonte]- Bronco Billy (1980)
- City Heat (1984)
- O sarxento de ferro (1986)
- Sen perdón (1992)
- As pontes de Madison (1995)
- Poder absoluto (1997)
- Execución inminente (1999)
- Space Cowboys (2000)
- Mystic River (2003)
Premios
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Óscar ó mellor filme | Cartas de Iwo Jima | Candidato |
2007 | Óscar ó mellor director | Cartas de Iwo Jima | Candidato |
2004 | Óscar ó mellor filme | Million Dollar Baby | Gañador |
2004 | Óscar ó mellor director | Million Dollar Baby | Gañador |
2004 | Óscar ó mellor actor | Million Dollar Baby | Candidato |
2003 | Óscar ó mellor filme | Mystic River | Candidato |
2003 | Óscar ó mellor director | Mystic River | Candidato |
1992 | Óscar ó mellor filme | Sen perdón | Gañador |
1992 | Óscar ó mellor director | Sen perdón | Gañador |
1992 | Óscar ó mellor actor | Sen perdón | Candidato |
1991 | Óscar Irving G. Thalberg pola súa traxectoria | Filmografía completa | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor director | Bandeiras de nosos pais | Candidato |
2007 | Mellor director | Cartas de Iwo Jima | Candidato |
2007 | Mellor película de lingua estranxeira | Cartas de Iwo Jima | Gañador |
2004 | Mellor director | Million Dollar Baby | Gañador |
2004 | Mellor banda sonora | Million Dollar Baby | Candidato |
2003 | Mellor película - Drama | Mystic River | Candidato |
2003 | Mellor director | Mystic River | Candidato |
1995 | Mellor director | As pontes de Madison | Candidato |
1992 | Mellor película - Drama | Sen perdón | Candidato |
1992 | Mellor director | Sen perdón | Gañador |
1988 | Mellor director | Bird | Gañador |
1987 | Premio Cecil B. DeMille | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eliot, Marc (2009). American Rebel: The Life of Clint Eastwood. Nova York: Harmony Books, pp. 14-15.
- Actores de California
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Directores de cine dos Estados Unidos de América
- Gañadores do premio César
- Nados en 1930
- Nados en San Francisco
- Óscar ó mellor director
- Paseo da Fama de Hollywood
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa