Saltar ao contido

Exército dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exército dos Estados Unidos de América



Tipoexército de terra Editar o valor en Wikidata
Parte deForzas Armadas dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Entidades
MatrizDepartamento do Exército dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación14 de xuño de 1775 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Acontecementos
ConflitoGuerra de Independencia dos Estados Unidos de América, Guerras indias, Guerra anglo-americana de 1812, Intervención norteamericana en México, Guerra de Utah (pt) Traducir, Guerra civil estadounidense, Guerra Hispano-Estadounidense, Guerra filipino-estadounidense, Guerras das Bananas (pt) Traducir, Levantamento dos bóxers, Guerra de fronteira mexicano-americana (pt) Traducir, Primeira Guerra Mundial, Guerra Civil Rusa, segunda guerra mundial, Guerra de Corea, Guerra do Vietnam, Operação Eagle Claw (pt) Traducir, Invasão de Granada (pt) Traducir, Operação El Dorado Canyon (pt) Traducir, invasión de Panamá, Guerra do Golfo, Guerra Civil Somalí, Bombardeios da Organização do Tratado do Atlântico Norte na Bósnia em 1995 (pt) Traducir, Intervenção militar na Iugoslávia em 1999 (pt) Traducir, Guerra de Afganistán e Guerra de Iraq Editar o valor en Wikidata
Localización
Localizaciónmundial Editar o valor en Wikidata
EnderezoThe Pentagon, Washington, DC 20310 Editar o valor en Wikidata
SedeO Pentágono Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
Páxina WEBarmy.mil Editar o valor en Wikidata
Teléfono+1-703-695-6518 Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: co0007320 Facebook: USarmy Twitter: USArmy Instagram: usarmy LinkedIn: us-army Youtube: UCs6bj7e__tT_m3s8xxhazhA Flickr: 35703177@N00 Musicbrainz: 50a27f09-7cc5-4a52-90f9-4321ee16952c Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Exército dos Estados Unidos de América[1] (en inglés United States Army, abreviado U. S. Army) é a maior das pólas das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América e a súa principal responsabilidade son as operacións militares terrestres. É un dos sete servizos uniformados dos Estados Unidos e o máis antigo de todas as forzas armadas estadounidenses, pois o moderno exército ten as súas raíces no Exército Continental que se formou o 14 de xuño de 1775 para loitar na Guerra de Independencia dos Estados Unidos (1775-1783), antes da creación dos Estados Unidos como estado independente.[2] Despois desta guerra, o Congreso da Confederación creou o Exército dos Estados Unidos o 3 de xuño de 1784 para substituír o desmobilizado Exército Continental.[3][4] O exército estadounidense considérase a si mesmo descendente do Continental e data a súa orixe institucional naquela forza armada nada en 1775.

Como servizo militar uniformado, forma parte do Departamento do Exército, que é un dos tres que dependen do Departamento de Defensa. Este exército está dirixido por un funcionario civil, o Secretario do Exército, e por un oficial militar, o Xefe de Estado Maior, que tamén é membro do Estado Maior Conxunto. No ano fiscal de 2017, a forza proxectada para o exército regular era de 460 000 soldados, a Garda Nacional tiña 335 000 soldados e o exército de reserva 195 000. A forza combinada era por tanto de 990 000 soldados.[5] Como póla das forzas armadas estadounidenses, a misión deste exército é «loitar e gañar as guerras da nosa nación, achegando unha rápido e sostido dominio por terra por medio de todo tipo de operacións e o espectro completo do conflito, en apoio dos comandantes combatentes».[6] Este exército intervén en conflitos por todo o mundo e é a maior forza terrestre ofensiva e defensiva dos Estados Unidos.

  1. "Ejército de Estados Unidos | GobiernoUSA.gov". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2017. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  2. "14 June: The Birthday of the U.S. Army". United States Army Center of Military History. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2017.  an excerpt from Robert Wright, The Continental Army
  3. Library of Congress, Journals of the Continental Congress, Volumen 27
  4. "Army Birthdays". United States Army Center of Military History. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2010. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  5. "Department of Defense (DoD) Releases Fiscal Year 2017 President's Budget Proposal". U.S. Department of Defense. 
  6. "The United States Army - Organization".