Levantamento dos bóxers
Levantamento dos bóxers | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Tropas estadounidenses asaltando as murallas de Pequín | |||||||
|
O Levantamento, Rebelión ou Guerra dos bóxers (1899-1900), chamado tamén Movemento Yihetuan ((en chinés), Yihetuan yundong), foi un movemento popular antioccidental e anticristián na China.
A sociedade secreta Yìhétuán ((en chinés), 义和团, Puños da Xustiza e da Concordia), que se opuña á expansión estranxeira, sustentaba que co adestramento axeitado, incluído o ritual do boxeo chinés (Suai Jiao), os seus membros poderían vencer os occidentais, que empregaban armas de fogo.
Historia
[editar | editar a fonte]No final do século XIX existían unha gran frustración popular na China, que en 1898, saíu á luz por medio do levantamento dos bóxers, chineses practicantes de artes marciais, que crían que terían unha inmunidades máxica contra as balas estranxeiras. Os bóxers empeñáranse nunha campaña violenta contra os estranxeiros, atacando diplomáticos, cristiáns, ferrocarrís, liñas do telégrafo e escolas occidentais.[1]
O movemento comezou na provincia de Shandong e tivo as súas raíces na pobreza rural e no desemprego, cuxa responsabilidade era atribuída ás importacións do occidente. Impelidos en dirección ao oeste, os misioneiros, chineses e cristiáns, alén daqueles que posuían bens estranxeiros, foron tamén atacados. O movemento foi apoiado pola emperatriz Cixi e algúns gobernadores provinciais.
O 17 de xuño de 1900, os bóxers cercaraon as legacións diplomáticas estranxeiras en Pequín durante dous meses.[2]
No auxe da revolta, en agosto de 1900, foran mortos máis de 230 estranxeiros e milleiros de chineses cristiáns por un número descoñecido de rebeldes e simpatizantes. Para sufocar a rebelión, organizouse unha forza internacional colonialista (Alianza das Oito Nacións), composta por vinte mil soldados rusos, estadounidenses, británicos, franceses, xaponeses, alemáns, austrohúngaros e italianos, que foi enviada para ocupar a sede imperial, onde penetrou o 14 de agosto de 1900,[3] rendendo, ocupando e saqueando a capital.
As forzas estranzeiras impuxeron pesadas indemnizacións en cartos, alén de maiores dereitos sobre a China.[1]
A monarquía salvouse aceptando a liquidación das sociedades secretas, o pagamento dunha indemnización de guerra.
Despois desa aberta e brutal intervención militar, o outrora orgulloso Imperio Celestial definitivamente tornouse a "colonia de todas as metrópoles". Para infamar aínda máis as autoridades do imperio, os colonialistas obrigaron a que fosen chineses os verdugos que executasen as sentenzas de morte dos principais líderes da rebelión. O levantamento fixo que aumentase a interferencia estranxeira na China.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 KISSINGER, Henry, Sobre a China, p. 98
- ↑ Harrington 2013, pp. 16-17.
- ↑ Harrington 2013, p. 17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Levantamento dos bóxers |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cohen, Paul A. (1997). History in three keys: the boxers as event, experience, and myth. Columbia University Press. ISBN 0-231-10651-3. (require subscrición (?)).
- Elliott, Jane E. (2002). Some Did It for Civilisation, Some Did It for Their Country : A Revised View of the Boxer War. Hong Kong: Chinese University Press. ISBN 9622019730. David D. Buck, "Review", The China Quarterly 173 (2003): 234–237. chámao fonte "revisionista"
- Edgerton, Robert B. (1997). Warriors of the rising sun: a history of the Japanese military (ilustrada ed.). W. W. Norton & Company. ISBN 0393040852.
- Esherick, Joseph W. (1987). The Origins of the Boxer Uprising. University of California Press. ISBN 0-520-06459-3. (require subscrición (?)). Excerpt
- Harrington, Peter (2001). Peking 1900: The Boxer Rebellion. Oxford: Osprey. ISBN 1-84176-181-8.
- Klein, Thoralf (2008). "The Boxer War-the Boxer Uprising". Online Encyclopedia of Mass Violence.
- Leonhard, Robert R. "The China Relief Expedition Joint Coalition Warfare in China Summer 1900" (PDF). The Johns Hopkins University Applied Physics Laboratory. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de diciembre de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2014.
- Preston, Diana (2000). The Boxer Rebellion : The Dramatic Story of China's War on Foreigners That Shook the World in the Summer of 1900. Nova York: Walker. ISBN 0802713610.. Questia edition Arquivado 25 de decembro de 2010 en Wayback Machine.; British title: Besieged in Peking: The Story of the 1900 Boxer Rising (Londres: Constable, 1999); popular history.
- Thompson, Larry Clinton (2009). William Scott Ament and the Boxer Rebellion: Heroism, Hubris, and the "Ideal Missionary". Jefferson, NC: McFarland. ISBN 978-0-78645-338-2.
- Xiang, Lanxin (2003). The Origins of the Boxer War: A Multinational Study. Psychology Press. ISBN 0-7007-1563-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lost in the Gobi Desert: Hart retraces great-grandfather's footsteps, William & Mary News Story, 3 de xaneiro de 2005.
- September 1900 San Francisco Newspaper
- 200 Photographs in Library of Congress online Collection
- University of Washington Library's Digital Collections – Robert Henry Chandless Photographs
- Proceedings of the Tenth Universal Peace Congress, 1901
- Pictures from the Siege of Peking, from the Caldwell Kvaran archives
- Eyewitness account: When the Allies Entered Peking, 1900 Arquivado 14 de agosto de 2014 en Wayback Machine., fragmento de Les Derniers Jours de Pékin, de Pierre Loti (1902)
- "Boxer Rebellion" Books, films, and audio