Saltar ao contido

Virunga (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Virunga
Ficha técnica
Título orixinalVirunga
DirectorOrlando von Einsiedel
Produtor
GuiónOrlando von Einsiedel
MúsicaPatrick Jonsson
FotografíaFranklin Dow
Montaxe
  • Katie Bryer
  • Masahiro Hirakubo
  • Miikka Leskinen
  • Peta Ridley
Estudio
DistribuidoraNetflix
EstreaTribeca: 17 de abril de 2014
Duración100 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
República Democrática do Congo R.D. do Congo
XéneroDocumental
Na rede
http://virungamovie.com/
IMDB: tt3455224 Filmaffinity: 744846 Allocine: 231507 Rottentomatoes: m/virunga Allmovie: v596685 TCM: 2055315 Metacritic: movie/virunga TV.com: movies/virunga Netlix: 80009431 Editar o valor en Wikidata

Virunga é un filme documental británico de 2014 dirixido por Orlando von Einsiedel. O filme céntrase nos traballos de conservación dos gardiáns do Parque Nacional de Virunga, na República Democrática do Congo durante o alzamento do grupo armado M23 en 2012 e investiga a actividade da compañía pretoleira británica Soco International dentro do parque que é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1] Soco International acabou explorando oficialmente as oportunidades petroleiras en Virunga en abril de 2014.[2] O filme estreouse no Festival de Cinema de Tribeca o 17 de abril de 2014. Despois de estrearse a través de Netflix, foi nomeado ó Óscar ó mellor documental na 87ª edición dos premios.

O documental conta a historia de catro personaxes que loitan por protexer o Parque Nacional de Virunga na República Democrática do Congo, fogar dos últimos gorilas de montaña do mundo, que está ameazado pola guerra, a caza furtiva e a ameaza de exploración petrolífera. Seguindo ó coidador de gorilas André Bauma, ó gardián do sector central Rodrigue Mugaruka Katembo, ó gardián xefe Emmanuel de Merode e á xornalista de investigación francesa Mélanie Gouby, o filme céntrase na beleza natural e na biodiversidade de Virunga, así como os complexos problemas políticos e económicos que rodean a exploración petroleira e os conflitos armados na rexión.

  1. "Virunga National Park". World Heritage List. UNESCO. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  2. Reuters Staff (23 de abril de 2014). "Oil firm Soco to begin seismic testing in Congo's Virunga park". Reuters (Thomson Reuters). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]