Deux jours, une nuit
Deux jours, une nuit | |
---|---|
Luc Dardenne, Fabrizio Rongione, Marion Cotillard e Jean-Pierre Dardenne no festival de Cannes | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Deux jours, une nuit |
Director | Luc Dardenne Jean-Pierre Dardenne |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Fotografía | Alain Marcoen |
Montaxe | Marie-Hélène Dozo |
Estudio | |
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Cannes: 20 de maio de 2014 |
Duración | 95 minutos[1] |
Orixe | Bélxica Francia Italia |
Orzamento | 7 millóns de euros |
Recadación | 9 millóns de euros[2][3] |
Na rede | |
http://www.lesfilmsdufleuve.be/fr/projet-en-cours/Deux-jours-une-nuit | |
Deux jours, une nuit é un filme de 2014 escrito e dirixido polos irmáns Dardenne. É unha coprodución entre Bélxica, Francia e Italia. Está protagonizado por Marion Cotillard e Fabrizio Rongione. Competiu pola Palma de Ouro na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014.[4] Gañou o premio do Festival de Cinema de Sydney, e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme en lingua non inglesa, ademais de ser nomeado a dous Premios César e nove Premios Magritte, gañando finalmente tres deles. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado, aínda que Cotillard recibiu un nomeamento á mellor actriz pola súa interpretación no filme, converténdose no primeiro actor en ser nomeado por un filme belga.[5][6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Seraing, unha cidade industrial próxima a Liège, Sandra é unha muller, esposa e nai, que traballa nunha pequena fábrica de paneis solares. Ao padecer unha depresión vese obrigada a pedir unha baixa laboral. Durante a súa ausencia, os seus compañeiros danse de conta de que son capaces de realizar as súas quendas de traballo facendo xornadas lixeiramente máis longa, e a dirección da fábrica ofrécelles unha prima de 1000 euros a cada un se están de acordo con iso, aínda que iso supoña o despedimento de Sandra. Trala alta, esta descobre que o seu posto depende da decisión dos seus dezaseis compañeiros, polo que ten que visitar cada un deles durante unha fin de semana para convencelos de que renuncien á prima salarial que a maioría precisa para manter as súas familias. Sandra ten que librar unha dura batalla para conservar o seu posto de traballo antes da votación definitiva que será luns pola mañá.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marion Cotillard como Sandra Bya
- Fabrizio Rongione como Manu Bya
- Catherine Salée como Juliette
- Olivier Gourmet como Jean-Marc
- Christelle Cornil como Anne
- Timur Magomedgadzhiev como Timur
- Pili Groyne como Estelle
- Simon Caudry como Maxime
- Batiste Sornin como M. Dumont
- Serge Koto como Alphonse
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (11 de xullo de 2014). "TWO DAYS, ONE NIGHT (15)". Consultado o 28 de xaneiro de 2015.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Deux Jours, Une Nuit – Box-Office Mojo". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 2 de marzo de 2015.
- ↑ JP's Box-Office (ed.). "Deux Jours, Une Nuit – JP's Box-Office". Consultado o 2 de marzo de 2015.
- ↑ Cannes (ed.). "Cannes 2014 Official Selection". Consultado o 17 de abril de 2014.
- ↑ Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "Oscar 2015 Nominee List and Ballot" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
- ↑ Belga News Agency, ed. (15 de xaneiro de 2015). "Academy Award nominations for Marion Cotillard and "Song of the Sea"". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deux jours, une nuit na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)