Augure
Augure | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Augure |
Director | Baloji |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Liesa Van der Aa |
Fotografía | Joachim Philippe |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Cannes: 23 de maio de 2023 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Bélxica R.D. do Congo Francia Países Baixos Alemaña Suráfrica |
Xénero | Drama |
Recadación | 29.696 dólares[1] |
Na rede | |
Augure é un filme belga de 2023 dirixido polo belga-congolés Baloji. Está protagonizado por Marc Zinga, Lucie Debay e Eliane Umuhire,[2] e estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023 na sección Un Certain Regard o 23 de maio de 2023, onde gañou o premio New Voice.[3]
É unha coprodución entre Bélxica, a República Democrática do Congo, Francia, os Países Baixos, Alemaña e Suráfrica, e foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O congolés Koffi foi repudiado pola súa nai na súa mocidade por ser considerado "zabolo", un termo suahili para feiticeiro malvado. Tempo despois, volve ao Congo dende Europa para visitar á súa familia, xunto coa súa moza branca embarazada. A visita non sae ben xa que os antigos rituais e as supersticións persistentes das tribos locais seguen perseguindo a Koffi.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marc Zinga como Koffi
- Lucie Debay como Alice, esposa de Koffi
- Eliane Umuhire como Tshala
- Yves-Marina Gnahoua como Mama Mujila
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Omen (2023)". Box Office Mojo. Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ Baloji (19 de outubro de 2023). "Omen". Cineuropa (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2023.
- ↑ Debruge, Peter (27 de maio de 2023). "Cannes Awards: 'Anatomy of a Fall' Takes Palme d'Or, 'The Zone of Interest' and 'The Pot au Feu' Among Winners". Variety. Consultado o 19 de outubro de 2023.
- ↑ Roxborough, Scott (14 de setembro de 2023). "Oscars: Belgium Picks 'Omen' as International Feature Submission". Hollywood Reporter.
- ↑ ""Augure" by Baloji Tshiani Wins the New Voices Award at Cannes". ACP-EU Culture. 2023-05-30.