Juno (filme)
Juno | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Juno |
Director | Jason Reitman |
Produtor | John Malkovich Lianne Halfon Mason Novick Russell Smith |
Guión | Diablo Cody |
Intérpretes | Elliot Page Michael Cera Jennifer Garner Jason Bateman Allison Janney J. K. Simmons Olivia Thirlby |
Música | Mateo Messina |
Fotografía | Eric Steelberg |
Montaxe | Dana E. Glauberman |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | 2007 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia, Drama |
Orzamento | $7 500 000[1] |
Recadación | $231 411 584 |
Na rede | |
https://www.searchlightpictures.com/juno/ | |
|
Juno é un filme estadounidense dirixido por Jason Reitman e escrito por Diablo Cody que se estreou no 2007.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Juno Macguff (Elliot Page) ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. Certamente, é enxeñosa, culta, rápida nas respostas, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coiraza para agochar os seus medos e dúbidas. Debido á relación que mantén cun compañeiro de clase, Bleeker (Michael Cera), quédase embarazada. E como el desenténdese do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e logo darao en adopción. Agora hai que atopar uns pais adoptivos axeitados. Mark (Jason Bateman) e Vanessa (Jennifer Garner) semellan os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afeccións e parecen entenderse moi ben dende o principio.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Elliot Page como Juno MacGuff
- Michael Cera como Paulie Bleeker
- Jennifer Garner como Vanessa Loring
- Jason Bateman como Mark Loring
- Allison Janney como Bren MacGuff
- J.K. Simmons como Mac MacGuff
- Olivia Thirlby como Leah
- Rainn Wilsoncomo Rollo
- Lucas MacFadden como o profesor de química
- Candice Accola como unha técnica do laboratorio
- Daniel Clark como Steve Rendazo
- Steven Christopher Parker como persoal do laboratorio
- Robyn Ross como persoal do laboratorio
- Emily Tennant como a filla «fantástica»
- Valérie Tian como Su Chin Quah
Premios
[editar | editar a fonte]- 2007: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos.
- 2007: 3 Nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor película comedia ou musical.
- 2007: BAFTA: Mellor guión orixinal. 2 nomeamentos.
- 2007: 2 Premios National Board of Review: Mellor actriz secundaria (Elliot Page), guión orixinal.
- 2007: Festival de Toronto: Mellor actriz secundaria (Elliot Page).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha en IMDb (en inglés)
- Web OficialArquivado 21 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Filmes de 2007
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Jason Reitman
- Filmes producidos por Mason Novick
- Filmes de Fox Searchlight Pictures
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre o aborto
- Filmes sobre o embarazo
- Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal