Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florian Henckel von Donnersmarck, director do filme gañador

Esta é unha lista dos filmes propostos na 79ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]

A Academia convidou 83 países a enviar filmes a competición,[4][5] recibíndose sesenta e tres propostas, das que se aceptaron sesenta e unha, o maior número ata ese momento.[6] Lituania presentou un filme por primeira vez.

Nesta edición cambiáronse dúas regras.[7] A primeira foi instituír un proceso en dous pasos para escoller os filmes candidatos para permitir que os membos da Academia en Nova York puidesen participar.[8] Un comité inicial seleccionaría nove filmes para formar unha lista curta en xaneiro que entón sería revisada por un comité composto de dez membros do comité inicial, dez membros dos Ánxeles e dez de Nova York para escoller os cinco candidatos finais.[9] O segundo cambio foi suprimir a regra que requiría que os filmes estivesen nunha lingua do país que o propuxo.[10] Isto fíxose como resposta ao rexeitamento dos filmes propostos por Italia e Austria para a 78ª edición dos Óscar, Private e Caché respectivamente, por non estar filmados en linguas dos respectivos países.[9][11] Isto permitiu aceptar propostas como a canadense Water, que só contén diálogos en hindi.[11] Tras revelar a lista curta de candidatos, os cinco candidatos (Alemaña, Alxeria, o Canadá, Dinamarca e México) anunciáronse o 23 de xaneiro de 2007. O filme alemán Das Leben der Anderen de Florian Henckel von Donnersmarck gañou o premio.[12]

Propostas

[editar | editar a fonte]
País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
Alemaña Alemaña Das Leben der Anderen Alemán von Donnersmarck, Florian HenckelFlorian Henckel von Donnersmarck Premio da Academia
Alxeria Indigènes Árabe Bouchareb, RachidRachid Bouchareb
Nomeado
Arxentina Derecho de familia Castelán Burman, DanielDaniel Burman Non nomeado
Australia Australia Ten Canoes Linguas indíxenas australianas, inglés de Heer, RolfRolf de Heer Non nomeado
Austria Austria Spiele Leben Alemán Svoboda, AntoninAntonin Svoboda Non nomeado
Bangladesh Nirontor Bengalí Sayeed, AbuAbu Sayeed Non nomeado
Bélxica Bélxica Een ander zijn geluk Neerlandés Troch, FienFien Troch Non nomeado
Bolivia American Visa Castelán Valdivia, Juan CarlosJuan Carlos Valdivia Non nomeado
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina Grbavica Bosníaco Žbanić, JasmilaJasmila Žbanić Non nomeado
Brasil Cinema, Aspirinas e Urubus Alemán, portugués Gomes, MarceloMarcelo Gomes Non nomeado
Bulgaria Bulgaria Maimuni prez zimata Búlgaro Andonova, MilenaMilena Andonova Non nomeado
Canadá Water Hindi Mehta, DeepaDeepa Mehta
Nomeado
República Checa República Checa Šílení Checa SvankmajerJan Švankmajer Non nomeado
Chile En la cama Castelán Bize, MatíasMatías Bize Non nomeado
China Mǎnchéng Jìndài Huángjīnjiǎ Mandarín Yimou, ZhangZhang Yimou Non nomeado
Colombia Soñar no cuesta nada Castelán Triana, RodrigoRodrigo Triana Non nomeado
Corea do Sur Wang-ui namja Coreano Jun-ik, LeeLee Jun-ik Non nomeado
Croacia Croacia Libertas Italiano, serbocroata Bulajić, VeljkoVeljko Bulajić Non nomeado
Cuba El Benny Castelán Sánchez, Jorge LuisJorge Luis Sánchez Non nomeado
Dinamarca Dinamarca Efter brylluppet Dinamarquesa, hindi, sueco Bier, SusanneSusanne Bier
Nomeado
Eslovenia Eslovenia Odgrobadogroba Esloveno Cvitkovič, JanJan Cvitkovič Non nomeado
España España Volver Castelán Almodóvar, PedroPedro Almodóvar
Lista curta de xaneiro
Exipto Exipto ʿImārat Yaʿqūbīān Árabe Hamed, MarwanMarwan Hamed Non nomeado
Filipinas Ang Pagdadalaga ni Maximo Oliveros Tagalo Solito, AuraeusAuraeus Solito Non nomeado
Finlandia Finlandia Laitakaupungin valot Finés, ruso Kaurismäki, AkiAki Kaurismäki Retirado
Francia Fauteuils d'orchestre Francés Thompson, DanièleDanièle Thompson
Lista curta de xaneiro
Grecia Grecia I horodia tou haritona Grego Karantinakis, GrigorisGrigoris Karantinakis Non nomeado
Hong Kong Yè Yàn Mandarín Feng, XiaogangXiaogang Feng Non nomeado
Hungría Hungría Fehér tenyér Húngaro, ruso Hajdu, SzabolcsSzabolcs Hajdu Non nomeado
India India Rang De Basanti Hindi Mehra, Rakeysh OmprakashRakeysh Omprakash Mehra Non nomeado
Indonesia Berbagi Suami Indonesio di Nata, NiaNia di Nata Non nomeado
Irán Café Transit Grego, persa, turco Partovi, KambuziaKambuzia Partovi Non nomeado
 Iraq Ahlaam Árabe Al-Daradji, MohamedMohamed Al-Daradji Non nomeado
Islandia Islandia Börn Islandés Bragason, RagnarRagnar Bragason Non nomeado
Israel Adama Meshuga'at Francés, hebreo Shaul, DrorDror Shaul Non nomeado
Italia Italia Nuovomondo Italiano Crialese, EmanueleEmanuele Crialese Non nomeado
Kazakhstán Kôshpendiler Kazako Bodrov, SergeiSergei Bodrov, Talgat Temenov, Ivan Passer Non nomeado
Kirguizistán Sunduk predkov Francés, kirguiz Egen, NurbekNurbek Egen Non nomeado
Líbano Líbano Bosta Árabe Aractingi, PhilippePhilippe Aractingi Non nomeado
Lituania Lituania Prieš parskrendant į žemę Lituano, ruso Matelis, ArūnasArūnas Matelis Non nomeado
Luxemburgo Luxemburgo Masz na imie Justine Alemán, polaco de Peña, FrancoFranco de Peña Descualificado
Macedonia do Norte Antiga República Iugoslava de Macedonia Kontakt Alemán, macedonio Stanojkovski, SergejSergej Stanojkovski Non nomeado
Marrocos Marrocos La symphonie marocaine Árabe Kamal, KamalKamal Kamal Non nomeado
México El laberinto del fauno Castelán del Toro, GuillermoGuillermo del Toro
Nomeado
Nepal Basain Nepalés Gajurel, SubashSubash Gajurel Non nomeado
Noruega Noruega Reprise Noruegués Trier, JoachimJoachim Trier Non nomeado
Países Baixos Países Baixos Zwartboek Neerlandés, hebreo, alemán Verhoeven, PaulPaul Verhoeven
Lista curta de xaneiro
Perú Madeinusa Castelán Llosa, ClaudiaClaudia Llosa Non nomeado
Polonia Polonia Z odzysku Polaco, ruso Fabicki, SlawomirSlawomir Fabicki Non nomeado
Porto Rico Ladrones y mentirosos Castelán Matta, Ricardo MéndezRicardo Méndez Matta Non nomeado
Portugal Portugal Alice Portugués Martins, MarcoMarco Martins Non nomeado
Romanía Romanía Cum mi-am petrecut sfârșitul lumii Romanés Mitulescu, CatalinCatalin Mitulescu Non nomeado
Rusia Rusia 9 rota Ruso Bondarchuk, FyodorFyodor Bondarchuk Non nomeado
 Serbia Sutra ujutro Serbocroata Novkovic, OlegOleg Novkovic Non nomeado
Suecia Suecia Farväl Falkenberg Sueco Ganslandt, JesperJesper Ganslandt Non nomeado
Suíza Suíza Vitus Alemán de Suíza Murer, FrediFredi Murer
Lista curta de xaneiro
Tailandia Ahingsa-Jikko mee gam Tailandés Liasirikun, KittikornKittikorn Liasirikun Non nomeado
Taiwán Shen hai Mandarín, taiwanés Wen-Tang, ChenChen Wen-Tang Non nomeado
Turquía Turquía Dondurmam Gaymak Turco Aksu, YükselYüksel Aksu Non nomeado
Ucraína Ucraína Aurora Ruso, ucraíno Bayrak, OxanaOxana Bayrak Non nomeado
Venezuela Maroa Castelán Hoogesteijn, SolveigSolveig Hoogesteijn Non nomeado
Vietnam Chuyen cua Pao Vietnamita Ngo, Quang HaiQuang Hai Ngo Non nomeado
Xapón Hura Gāru Xaponés Sang-il, LeeLee Sang-il Non nomeado

Descualificacións

[editar | editar a fonte]

As propostas de Finlandia e Luxemburgo foron rexeitadas antes do proceso de revisión. O filme finlandés foi retirado da competición polo seu director Aki Kaurismäki[13] e o luxemburgués porque se considerou que a presenza creativa do país na realización do filme non cumpría os requirimentos.[14]

  1. En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008. 
  3. 3,0 3,1 "Special Rules for the Best Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 2008-03-14. Consultado o 2008-06-20. 
  4. "83 Countries Invited to Submit Foreign Language Films for 2006 Oscar". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 2008-04-26. Consultado o 2008-06-21. 
  5. "83 countries compete for foreign language Oscar". The Guardian. 2006-07-12. Arquivado dende o orixinal o 2013-04-20. Consultado o 2008-06-21. 
  6. Sneider, Jeff (2006-10-19). "Oscar race counts 61 countries". Variety. Consultado o 2008-06-21. 
  7. "79th Oscar Rules Approved by Academy". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. 2006-06-30. Arquivado dende o orixinal o 2008-02-20. Consultado o 2008-06-21. 
  8. "Rules Change for Foreign-Language Oscar". Fox News. 2006-07-02. Consultado o 2008-06-21. 
  9. 9,0 9,1 "Rules Change for Foreign-Language Oscar". San Francisco Chronicle. 2006-07-01. Arquivado dende o orixinal o 2020-04-04. Consultado o 2008-06-21. 
  10. Welkos, Robert (2006-07-03). "Foreign film rules altered". Los Angeles Times. Consultado o 2008-06-21. 
  11. 11,0 11,1 Pais, Arthur (2006-09-22). "Water is Canada's Oscar entry". Rediff.com. Consultado o 2008-06-21. 
  12. Paris, Barry (2007-03-01). "'The Lives of Others'". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 2008-06-24. 
  13. Selkokari, Antti (2006-10-18). "Kaurismaki turns off 'Lights' on Oscar bid". Variety. Consultado o 2008-06-21. 
  14. Goodfellow, Melanie (2006-11-08). "Lux out of 'Name' game". Variety. Consultado o 2008-06-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]