Man cheng jin dai huang jin jia
Man cheng jin dai huang jin jia 满城尽带黄金甲 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Zhang Yimou |
Produtor | William Kong Zhang Weiping Zhang Yimou |
Guión | Zhang Yimou |
Baseado en | Thunderstorm de Cao Yu |
Intérpretes | Chow Yun-fat Gong Li Jay Chou Qin Junjie |
Música | Shigeru Umebayashi |
Fotografía | Zhao Xiaoding |
Estudio | Edko Film |
Distribuidora | Sony Pictures Classics |
Estrea | 21 de decembro de 2006 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | China |
Xénero | Wuxia |
Orzamento | 45 millóns de dólares |
Recadación | 78 568 977 dólares |
Na rede | |
Man cheng jin dai huang jin jia (chinés: 满城尽带黄金甲; pinyin: Mǎn chéng jìn dài huáng jīn jiǎ) é un filme épico chinés de 2006 do xénero wuxia escrito e dirixido por Zhang Yimou. O título en mandarín foi tomado da última liña dun poema da dinastía Qi escrito polo líder rebelde Huang Chao, quen foi tamén o emperador da dinastía Qi.
Cun orzamento de 45 millóns de dólares, no momento da súa estrea foi o filme chinés máis caro da historia, superando a Wu ji de Chen Kaige.[1] Foi escollido como candidato da China para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 79ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado. Porén foi nomeado na categoría de mellor deseño de vestiario. En 2007, recibiu catorce nomeamentos nos Premios do Cinema de Hong Kong, gañando os premios de mellor actriz para Gong Li, mellor dirección de arte, mellor deseño de vestiario e maquillaxe e mellor canción orixinal para "菊花台" (Chrysanthemum Terrace) por Jay Chou.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Chow Yun-fat como Emperador Ping (大王 Dàwáng "Rei").
- Gong Li como Emperatriz Phoenix (王后 Wánghòu "Raíña").
- Jay Chou como príncipe Jai (Príncipe Yuanjie (王子元杰 Wángzǐ Yuánjié)).
- Qin Junjie como príncipe Yu (Príncipe Yuancheng (王子元成 Wángzǐ Yuánchéng)).
- Liu Ye como príncipe herdeiro Wan (Príncipe herdeiro Yuanxiang (太子元祥 Tàizǐ Yuánxiáng)).
- Ni Dahong como médico imperial Jiang (蒋太医 Jiǎng-tàiyī).
- Chen Jin como muller do médico (Mrs. Jiang (蒋氏 Jiǎng-shì)).
- Li Man como Jiang Chan (蔣嬋 Jiǎng Chán, filla do médico).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zhang Yimou raises "Armor" en CCTV
- ↑ "'Curse,' 'The Banquet' picked as Oscar entries" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Associated Press via Chinadotcom, 3 de outubro de 2006.
- ↑ (en chinés) Hong Kong Film Awards official homepage 26th Hong Kong Film Awards winner/nomination list Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 15 de xuño de 2011
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Man cheng jin dai huang jin jia na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)