Aki Kaurismäki
Aki Kaurismäki, nado en Orimattila o 4 de abril de 1957, é un director de cine finés, famoso polos seus filmes ambientados entre as clases sociais máis desfavorecidas, en especial as do norte de Europa, decotío con situacións e personaxes extravagantes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o fundador xunto co seu irmán Mika Kaurismäki do Midnight Sun Film Festival de Sodankylä e da distribuidora cinematográfica Ville Alpha (que recibe o seu nome en honor da película Alphaville de Jean-Luc Godard).
En 1981 os dous irmáns codirixiron a película documental Saimaa-ilmiö (o síndrome do lago Saimaa, rodada nas beiras do maior lago de Finlandia. En 1987, Aki presenta unha interpretación 'anticapitalista' de Shakespeare con Hamlet liikemaailmassa (Hamlet volve ós negocios). En 1989 dirixe a película Leningrad Cowboys Go America un curioso road movie musical. A moza da fábrica de mistos (Tulitikkutehtaan tyttö), de 1990, conta as vivencias sentimentais dentro dunha fábrica. En 1990 Kaurismäki roda Contratei a un asasino a soldo (I Hired a Contract Killer), con Jean-Pierre Léaud, que participou con éxito no Festival Internacional de Cine de Venecia. Logo seguiu A vida de Bohemia (La Vie de bohème), na que no canto de basearse na música de Puccini, Aki utiliza música de Mozart e de músicos franceses. En 1994 dirixe Toma o teu pano, Tatiana (Pidä huivista kiinni, Tatjana), unha película practicamente muda, unha das que mellor define o carácter surrealista do traballo de Kaurismäki. En 1996, Kauas pilvet karkaavat consegue un discreto éxito: a comedia, de ton lixerio, tamén trata da crise económica e do paro. En 1999 dirixe Juha, na que adapta un clásico da literatura finlandesa de Juhani Abo. Esta película, que conta cuns carteis explicativos, non ten diálogos e se presenta como unha antiga película de cine mudo.
En 2002 é premiado no Festival de Cine de Cannes por Un home sen pasado (Mies vailla menneisyyttä). Actualmente reside na aldea de Bico, no concello portugués de Castro Laboreiro[1].
No ano 2015 o director estivo en dúas ocasións en Santiago de Compostela. A primeira vez foi acudindo á inauguración da sala de cinema Numax, o 16 de marzo, aproveitando a proxección inaugural do seu filme Kauas pilvet karkaavat[2]. A segunda, no eido do festival de cinema de curtametraxes Curtocircuíto, en que presentou unha escolla de curtas en dous días diferentes. O día 9 de outubro, primeiro, dentro da sección «Rock & Shorts», cunha escolma de filmes musicais da súa autoría[3], acto no que participou nunha pequena conversa. Por outra banda, o día 10 de outubro fixo outra presentación con coloquio dunha escolla de curtas doutros directores da súa elección que titulouse «Signed by Aki K».
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Rikos ja rangaistus (Crime e castigo)
- Calamari Union (1985)
- Varjoja paratiisissa (Sombras no paraíso, 1986)
- Hamlet liikemaailmassa (Hamlet volve ós negocios, 1987)
- Ariel (1988)
- Likaiset kädet (As mans sucias, 1989)
- Leningrad Cowboys Go America (1989)
- Tulitikkutehtaan tyttö (A moza da fábrica de mistos, 1990)
- I Hired a Contract Killer (Contratei un asasino a soldo, 1990)
- Boheemielämää (A vida de bohemia, 1992)
- Pidä huivista kiinni, Tatjana (Agárrache o pano, Tatiana, 1994)
- Leningrad Cowboys Meet Moses (1994)
- Kauas pilvet karkaavat (1996)
- Juha (1999)
- Mies vailla menneisyyttä (Un home sen pasado, 2002)
- Dogs Have No Hell (episodio de 10 minutos de Ten Minutes Older - The Trumpet, 2002)
- Bico (episodio de Visions of Europe, 2004)
- Laitakaupungin valot (Luces no solpor, 2006)
- La Fonderie (episodio de Chacun son cinéma ou Ce petit coup au coeur quand la lumière s'éteint et que le film commence, 2007)
- Le Havre (2011)
- Tavern Man (episodio de Centro Histórico, 2012)
- True Crimes (2016)
- O outro lado da esperanza (2017)
Documentais
[editar | editar a fonte]- Saimaa-ilmiö (O xesto de Saimaa, 1981)
- Total Balalaika Show (1994)
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Rocky VI, 1986 (8 min)
- Thru the Wire, 1987 (6 min)
- Rich Little Bitch, 1987 (6 min)
- L.A. Woman (Muller de Os Ánxeles), 1987 (5 min)
- Those Were The Days, 1991 (5 min)
- These Boots (Estas botas), 1992 (5 min)
- Oo aina ihminen (Sempre ser humano), 1996 (5 min)
- Välittäjä (O corredor), 1996 (4 min)
- Bico, 2004 (6 min)
- Valimo (Fundición), 2007 (4 min)
- Juice Leskinen & Grand Slam: Bluesia Pieksämäen asemalla, 2013 (18 min)
- Vandaleyne, 2015 (cameo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aki Kaurismäki, o labrego que fai cine" Arquivado 23 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine., en Xornal Agrario Galego, nun artigo de Aser Álvarez.
- ↑ "El director Aki Kaurismäki se presenta por sorpresa en Santiago y avala una sala de cine independiente", en La Voz de Galicia, de 17-3-2015 (en castelán).
- ↑ "Kaurismäki: «Nadie habla de temas poco comerciales como la emigración»", en La Voz de Galicia, de 10-10-2015 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aki Kaurismäki |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Siunattu teknologia! Arquivado 14 de decembro de 2007 en Wayback Machine., comprehensive fan site of the films of Kaurismäki brothers.