Filmes de Sri Lanka propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Sri Lanka presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2003. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Malia que Sri Lanka ten unha industria cinematográfica relativamente prolífica, só participou na competición dúas veces, mais finalmente as súas propostas non foron nomeadas para o premio.
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Sri Lanka para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2003 (76ª) |
Wekande Walauwa | Cingalés | Lester James Peries | Non nomeado |
2009 (82ª) |
The Road from Elephant Pass | Cingalés e támil | Chandran Rutnam | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.