Filmes propostos ó mellor filme internacional na 60ª edición dos Óscar
Os seguintes 30 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 60ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Dinamarca, España, Francia, Italia e Noruega. O galardón recaeu sobre Dinamarca, co filme Babettes gæstebud.[1] O aclamado filme Der Himmel über Berlin de Wim Wenders, que foi presentado pola Alemaña Occidental, nin sequera foi nomeado malia ser un dos favoritos.
Indonesia presentou un filme por vez primeira, e Cuba fíxoo tamén logo dunha década sen facelo. A Unión Soviética presentou un filme en lingua xeorxiana (que foi producido en 1984 mais foi censurado ata 1987), a India escolleu un filme en támil, e Noruega escolleu o primeiro filme da historia rodado en saami setentrional.
Propostas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 60th Academy Awards (1988) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 16 de agosto de 2015.