Saltar ao contido

Filmes propostos ó mellor filme internacional na 36ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico Fellini, director do filme gañador.

Os seguintes 14 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 36ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Grecia, Italia, o Xapón, Polonia e España.

O gañador foi de Federico Fellini, en representación de Italia.[1]

Polonia e a Unión Soviética presentaron os seus filmes por vez primeira. Despois desta edición, Paquistán non volveu presentar un filme até o ano 2013, con Zinda Bhaag.

Propostas

[editar | editar a fonte]
País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
 España Los Tarantos Castelán Francisco Rovira Beleta
Nomeado
Francia Le feu follet Francés Louis Malle Non nomeado
 Grecia Ta kokkina fanaria Grego Vasilis Georgiadis
Nomeado
 Hong Kong Liáng Shānbó yǔ Zhù Yīngtái Mandarín Li Han-hsiang Non nomeado
India India Mahanagar Bengalí Satyajit Ray Non nomeado
Italia Italia Fellini 8½ Italiano Federico Fellini Premio da Academia
Iugoslavia Iugoslavia Kozara Serbocroata Veljko Bulajić Non nomeado
 México El hombre de papel Castelán Ismael Rodríguez Non nomeado
Países Baixos Países Baixos Als twee druppels water Neerlandés Fons Rademakers Non nomeado
Paquistán Ghunghat Urdú Khurshid Anwar Non nomeado
 Polonia Nóż w wodzie Polaco Roman Polanski
Nomeado
Suecia Suecia Tystnaden Sueco Ingmar Bergman Non nomeado
 Unión Soviética Ivanovo detstvo Ruso Andrei Tarkovsky Non nomeado
 Xapón Koto Xaponés Noboru Nakamura
Nomeado
  1. oscars.org (ed.). "The 36th Academy Awards (1964) Nominees and Winners". Consultado o 3 de novembro de 2011.