Filmes de Paraguai propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Paraguai presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 2015.[3] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[5]
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[6] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Paraguai para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2015 (88ª) |
El tiempo nublado[3] | Castelán | Arami Ullón | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Los Buscadores[7] | Castelán e guaraní | Juan Carlos Maneglia, Tana Schembori | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Las herederas[8] | Castelán | Marcelo Martinessi | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Matar a un muerto[9] | Castelán e guaraní | Hugo Giménez | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Apenas el Sol[10] | Castelán e ayoreo | Arami Ullón | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Eami[11] | Ayoreo | Paz Encina | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Leal 2, Comando Yaguareté[12] | Castelán | Armando Aquino e Mauricio Rial | Non nomeado |
2024 (97ª) |
Los últimos[13] | Castelán e guaraní | Sebastián Peña Escobar | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Variety, ed. (3 de setembro de 2015). "Oscars: Paraguay Selects 'Cloudy Times' as its Academy Award Entry". Consultado o 3 de setembro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ ABC.com, ed. (26 de setembro de 2017). "Paraguay postula "Los Buscadores" para los Óscar". Consultado o 26 de setembro de 2017.
- ↑ Mango, Agustin (10 de setembro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Paraguay Selects 'The Heiresses' for Foreign-Language Category". Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ "Matar a un muerto representará a Paraguay en los Óscar". El Nacional. 5 de decembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2020.
- ↑ ""Apenas el sol" representará a Paraguay en los premios Óscar". La Nacion. 22 de outubro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "Con mucho entusiasmo anunciamos....". Academia de Artes y Ciencias Cinematográficas del Paraguay. Consultado o 12 de setembro de 2022.
- ↑ "Leal 2 representará a Paraguay en los premios Óscar". La Nación (en castelán). Consultado o 2023-10-13.
- ↑ "Esta es la película que representará a Paraguay en los premios Óscar y Goya". ABC Color (en castelán). Consultado o 2024-10-04.