Filmes de Nixeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Nixeria presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2019.[3] Porén, o 4 de novembro de 2019, a Academia descualificou a proposta de Nixeria por estar a maioría do diálogo en inglés,[4] aínda que o ano seguinte o comité nixeriano anunciou que a Academia permitiría escoller filmes que estivesen falados en pidgin.[5]
O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[6] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[7]
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[6] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Nixeria para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2019 (92ª) |
Lionheart[9] | Inglés e igbo | Genevieve Nnaji | Descualificado[10] |
2020 (93ª) |
The Milkmaid[11] | Hausa | Desmond Ovbiagele | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Mami Wata[12] | Pidgin nixeriano e fon | C. J. Obasi | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ The Cable Lifestyle (ed.). "Genevieve Nnaji's Lionheart becomes Nigeria's first-ever Oscar entry". Consultado o 2 de outubro de 2019.
- ↑ BBC News (ed.). "Lionheart: Nigeria's Oscar choice disqualified over English dialogue". Consultado o 5 de novembro de 2019.
- ↑ Nwogu, Precious (17 de outubro de 2020). "NOSC confirms Oscars' approval of Pidgin English as foreign language". Pulse. Consultado o 17 de outubro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Agbro, Jr., Joe (2 de outubro de 2019). The Nation, ed. "Genevieve Nnaji's Lionheart is Nigeria's submission for the Oscar". Consultado o 2 de outubro de 2019.
- ↑ The Wrap (ed.). "Academy Disqualifies Nigeria's Oscar Entry 'Lionheart'". Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Desmond Ovbiagele's 'The Milkmaid' is Nigeria's submission for 2021 Oscars". Vanguard. 2 de decembro de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ Goodfellow, Melanie (2023-10-17). "Oscars: Nigeria Submits CJ Obasi's Sundance Title 'Mami Wata' For Best International Feature Film". Deadline Hollywood (en inglés). Consultado o 2023-10-17.