Estiu 1993
Estiu 1993 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Estiu 1993 |
Director | Carla Simón |
Produtor | Valérie Delpierre Stefan Schmitz María Zamora |
Guión | Carla Simón |
Intérpretes | Laia Artigas David Verdaguer Paula Blanco Isabel Rocatti |
Música | Ernest Pipó Pau Boïgues |
Fotografía | Santiago Racaj |
Montaxe | Didac Palou Ana Pfaff |
Estudio | Inicia Films Avalon P.C |
Distribuidora | Oscilloscope |
Estrea | Berlín: 11 de febreiro de 2017 30 de xuño de 2017 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Cataluña |
Xénero | Drama |
Recadación | 1,9 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Estiu 1993 é un filme catalán de 2017 dirixido por Carla Simón.[2][3][4] O filme rodouse en diversas poboacións de La Garrotxa no verán de 2016. Trátase da primeira longametraxe da directora barcelonesa e está inspirada na súa propia experiencia. O filme estreouse na 67ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o premio GWFF ó mellor filme debut.[5] Foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[6][7]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de que os seus pais morresen de SIDA, Frida (interpretada por Laia Artigas), unha nena de 6 anos, deixa Barcelona e vai vivir ó campo cos seus tíos e a filla deles, Anna (interpretada por Paula Robles), unha nena de 3 anos. Frida afrontará o seu primeiro verán coa nova familia adoptiva e a nova contorna rural ó que terá que adaptarse. Durante o verán de 1993, Frida aprenderá a aceptar a súa pena e a súa dor e os seus pais adoptivos aprenderán a querela como a súa propia filla.[8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Laia Artigas como Frida
- Paula Blanco como Cesca
- Etna Campillo como Irene
- Bruna Cusí como Marga
- Jordi Figueras como Blai
- David Verdaguer como Esteve
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Verano 1993 (Summer 1993)". The Numbers. Nash Information Services. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ "La pel·lícula «Estiu 1993» triomfa a la Berlinale amb dos premis". Nació Digital. 18 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019.
- ↑ "‘Estiu 1993’, de Carla Simón, triomfa per partida doble a Berlína". Ara. 18 de febreiro de 2017.
- ↑ Holland, Jonathan (11 de febreiro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "‘Summer 1993’ ('Estiu 1993’): Film Review Berlin 2017". Prometheus Global Media. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- ↑ Creative Europe MEDIA, ed. (20 de febreiro de 2017). "Great recognition for EU-supported films at Berlinale 2017". Comisión Europea. Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ "Verano 1993, seleccionada para representar a España en los Oscar" (en castelán). Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. 7 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 7 de sestembro de 2017.
- ↑ Keslassy, Elsa (7 de setembro de 2017). Variety, ed. "Spain Sends Carla Simon’s feature debut ‘Summer 1993’ to Foreign-Language Oscar Race". Penske Business Media. Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ Estiu 1993 en Allociné
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estiu 1993 na IMDb (en inglés).