Saltar ao contido

Mar adentro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mar adentro
Lugar do accidente de Ramón Sampedro nas Furnas.
Ficha técnica
Título orixinalMar adentro
DirectorAlejandro Amenábar
ProdutorFernando Bovaira
Alejandro Amenábar
GuiónAlejandro Amenábar
Mateo Gil
IntérpretesJavier Bardem
Belén Rueda
Lola Dueñas
Mabel Rivera
Celso Bugallo
Clara Segura
Joan Dalmau
Alberto Jiménez
Tamar Novas
MúsicaAlejandro Amenábar
FotografíaJavier Aguirresarobe
MontaxeIván Aledo
DistribuidoraFine Line Features
Estrea3 de setembro de 2004
OrixeEspaña España
Francia
Italia Italia
XéneroDrama
Orzamento10 000 000 €
Recadación38 535 221 $[1]
Na rede
http://www.theseainside.com/
IMDB: tt0369702 Filmaffinity: 936995 Allocine: 53097 Rottentomatoes: m/sea_inside Mojo: seainside Allmovie: v313622 TCM: 534092 Metacritic: movie/the-sea-inside TV.com: movies/the-sea-inside Netlix: 70018295 Editar o valor en Wikidata

Mar adentro é un filme español biográfico-dramático de 2004 coescrito e dirixido por Alejandro Amenábar e protagonizado por Javier Bardem, Belén Rueda e Lola Dueñas. Rodado en Galicia, baséase na historia real de Ramón Sampedro, un escritor e ex-mariñeiro que quedou tetrapléxico logo dun accidente ocorrido durante a súa xuventude. Permanece prostrado nunha cama durante case 30 anos, situación pola que desexa morrer mediante a aplicación da eutanasia. O filme relata a loita de Sampedro para lograr que a lei recoñeza o seu dereito a morrer.[2]

Resultou gañadora do Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 77ª edición dos premios, entre outros numerosos premios.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme é unha produción de Sogecine e Himenóptero, en coprodución con UGC Images (Francia) e Eyescreen (Italia), coa colaboración de TVE, Canal+, TVG, Filmanova e o apoio de Eurimages/ICAA. A distribución internacional correu a cargo de Sogepaq.

O equipo é o mesmo que participou en The Others, coa incorporación de Jo Allen na maquillaxe, na cal investiron cinco horas diarias para o cambio físico de Javier Bardem. O filme rodouse durante doce semanas en Galicia, Cataluña e Madrid, cun orzamento de dez millóns de euros. A música foi composta por Amenábar, interpretada pola London Session Orchestra e contou coa colaboración do músico galego Carlos Núñez.[3]

Galardóns

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Persoa Resultado
2004 Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa Gañador
2004 Mellor maquillaxe Jo Allen e Ana Ruiz Puigcerber Candidatas
Ano Categoría Persoa Resultado
2004 Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa Gañador
2004 Globo de Ouro ao mellor actor - Drama Javier Bardem Candidato
Ano Categoría Resultado
2004 Mellor película estranxeira Gañador
Ano Categoría Resultado
2004 Mellor película estranxeira Gañador
Categoría Persoa Resultado
Mellor película europea Candidata
Mellor director Alejandro Amenábar Gañador
Mellor actor Javier Bardem Gañador
Categoría Persoa Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor director Alejandro Amenábar Gañador
Mellor actor Javier Bardem Gañador
Mellor actriz Lola Dueñas Gañadora
Mellor actor secundario Celso Bugallo Gañador
Mellor actriz secundaria Mabel Rivera Gañadora
Mellor actor revelación Tamar Novas Gañador
Mellor actriz revelación Belén Rueda Gañadora
Mellor guión orixinal Alejandro Amenábar e Mateo Gil Gañadores
Mellor música orixinal Alejandro Amenábar Gañador
Mellor dirección artística Benjamín Fernández Candidato
Mellor dirección de produción Emiliano Otegui Gañador
Mellor fotografía Javier Aguirresarobe Gañador
Mellor maquillaxe e peiteado Jo Allen e Ana Ruiz Puigcerber Gañadoras
Mellor son Ricardo Steinberg, Alfonso Raposo, Juan Ferro e María Steinberg Gañadores
Categoría Persoa Resultado
León de Prata - Gran Premio do Xurado Gañadora
Copa Volpi Javier Bardem Gañador
Categoría Persoa Resultado
Mellor película Candidata
Mellor director Alejandro Amenábar Candidato
Mellor actor Javier Bardem Gañador
Mellor actor secundario Celso Bugallo Candidato
Mellor actriz secundaria Lola Dueñas Gañadora
Mellor actriz secundaria Mabel Rivera Candidata
Mellor guión orixinal Alejandro Amenábar e Mateo Gil Candidato
Mellor fotografía Javier Aguirresarobe Gañador
Mellor montaxe Alejandro Amenábar Candidato
Mellor música Alejandro Amenábar Candidato
Mellor interpretación revelación Belén Rueda Gañadora

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]