La grande bellezza
La grande bellezza | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La grande bellezza |
Director | Paolo Sorrentino |
Produtor | Nicola Giuliano Francesca Cima Fabio Conversi |
Guión | Paolo Sorrentino Umberto Contarello |
Intérpretes | Toni Servillo Carlo Verdone Sabrina Ferilli Carlo Buccirosso |
Música | Lele Marchitelli |
Fotografía | Luca Bigazzi |
Montaxe | Cristiano Travaglioli |
Estudio | Indigo Film Medusa Film Babe Films Pathé |
Distribuidora | Medusa Film |
Estrea | 21 de maio de 2013[1] |
Duración | 142 minutos 173 minutos (corte do director) |
Orixe | Italia Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | €9 200 000 |
Recadación | $24 164 400[2] |
Na rede | |
http://janusfilms.com/thegreatbeauty/ | |
La grande bellezza é un filme franco-italiano de 2013 dirixido por Paolo Sorrentino e presentado no decurso do Festival de Cannes 2013.[3] Recibiu o Premio Oscar ao mellor filme en lingua estranxeira, o Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro, o BAFTA ao mellor filme en lingua estranxeira, catro premios do cine europeo, cinco Nastri d'Argento e numerosos outros premios internacionais.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jep Gambardella é un xornalista de éxito e escritor dun só libro durante a súa mocidade, aínda que esta a súa ópera prima fora ben valorada. Non escribiu outros libros por preguiza, pola desorde sexual da propia vida mais sobre todo por sentir que na súa vida non había máis nada no que crer nin cousa ningunha que comunicar a outros que eran coma el. O propósito da súa existencia fora converterse non só nun mundano senón no primeiro dos mundanos, non só participar nas festas, senón ter o poder de facelas fracasar. Despois da festa do seu 65 aniversario, pasea polas ruínas e rúas de Roma, encontrándose os diversos personaxes, reflexionando sobre a súa vida, o seu primeiro amor e a sensación de incumprimento.[5][6][7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Toni Servillo como Jep Gambardella
- Carlo Verdone como Romano
- Sabrina Ferilli como Ramona
- Carlo Buccirosso como Lello Cava
- Iaia Forte como Trumeau
- Pamela Villoresi como Viola
- Galatea Ranzi como Stefania
- Franco Graziosi como o conde Colonna
- Sonia Gessner como a condesa Colonna
- Giorgio Pasotti como Stefano
- Luca Marinelli como Andrea
- Massimo Popolizio como Alfio Bracco
- Serena Grandi como Lorena
- Ivan Franek como Ron Sweet
- Roberto Herlitzka como o cardeal Bellucci
- Isabella Ferrari como Orietta
- Fanny Ardant como ela mesma
- Antonello Venditti como el mesmo
Produción e distribución
[editar | editar a fonte]A realización do filme comezou en Roma o 9 agosto 2012.[8][9] As escenas ambientadas baixo o mar graváronse a primeiros de setembro na Illa del Giglio, preto do faro de Capel Rosso, visible no filme.[10]
A súa estrea nas salas italianas foi o 21 de maio de 2013, simultaneamente á súa presentación no festival de Cannes; o día seguinte distribuiuse en Francia e en setembro no Reino Unido, recibindo unha ampla aceptación,[11] e mais en novembro nos Estados Unidos. Despois de recibir un Globo de Ouro o filme volveu ás salas cinematográficas italianas o 16 de xaneiro de 2014.[12] e tras lograr o Oscar Canale 5 emitiuno por televisión[13] totalizando 8 861 000 televidentes, o que lle supuxo o 36,11% de share, converténdose no filme máis visto na televisión italiana nos últimos dez anos.[14]
Recepción
[editar | editar a fonte]A crítica internacional case unanimemente deulle boas críticas ao filme, así o sitio Rotten Tomatoes deu un 92% de aprobación cunha avaliación de 7,8/10 baseada en 100 críticas e certificándoo como "fresco"[15]. En Metacritic conta cunha nota de 86/100 baseado en 29 críticas, afirmando que foi "universalmente aclamada."[16]
Robbie Collin en The Daily Telegraph deulle ao filme de Sorrentino cinco estrelas sobre cinco, relacionándoo co filme de Roberto Rossellini Roma, città aperta e co de Federico Fellini La Dolce Vita na súa ambición por rodar un período da historia de Roma no filme. "Rossellini cubriu a ocupación nazi de 1944; Fellini o hedonismo baldeiro e sedutor dos anos que seguiron e Sorrentino fixo o propio durante a era de Berlusconi".[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mymovies.it, ed. (21 de maio de 2013). "La grande bellezza - MYmovies". Consultado o 12 de abril de 2014.
- ↑ Boxoffice Media, Llc (15 de novembro de 2013). Boxoffice.com, ed. "BoxOffice® — The Great Beauty". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2014.
- ↑ badtaste.it (ed.). "Cannes 66: ecco tutti i film del Festival di Cannes 2013". Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ Elenco dos premios recibidos en IMDb
- ↑ Simek, Peter (12 de decembro de 2013). Front Row (blog), ed. "Why The Great Beauty Is One of the Best Films You’ll See All Year". D Magazine. Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ Collin, Robbie (20 de decembro de 2013). "Film review of the year 2013: 'This was the greatest year of cinema since 1999'". The Daily Telegraph (Londres). Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ Turan, Kenneth (21 de novembro de 2013). "Review: 'The Great Beauty' intoxicates with masterful Toni Servillo". Los Angeles Times. Consultado o 21 de decembro de 1013.
- ↑ lastampa.it, ed. (9 de agosto 2012). "Servillo & Sorrentino, per Roma a caccia di "Grande bellezza"". Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ ilmessaggero.it, ed. (10 de agosto de 2012). "Cinema, Sorrentino inizia le riprese - Servillo e Ferilli nel nuovo film su Roma". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ lanazione.it, ed. (7 de setembro de 2012). "La grande bellezza, ciak al Giglio e sbarcano Sorrentino e Servillo". Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ ilcinemaitaliano.com, ed. (13 de setembro de 2013). "Paolo Sorrentino e "La grande bellezza" conquistano l'Inghilterra". Consultado o 21 de decembro de 2013.
- ↑ ilfattoquotidiano.it, ed. (13 de xaneiro de 2014). "La Grande Bellezza, dopo i Golden Globe ritorna nelle sale cinematografiche". Consultado o 4 de marzo de 2014.
- ↑ tgcom24.mediaset.it, ed. (4 de marzo de 2014). "La grande bellezza sbarca su Canale 5". Consultado o 5 de marzo de 2014.
- ↑ tgcom24.mediaset.it, ed. (5 de marzo de 2014). "La Grande Bellezza, boom su Canale 5". Consultado o 5 de marzo de 2014.
- ↑ Warner Bros. (ed.). "The Great Beauty (2013)". Rotten Tomatoes. Consultado o 12 de febreiro de 2014.
- ↑ CBS Interactive (ed.). "The Great Beauty". Metacritic. Consultado o 12 de febreiro de 2014.
- ↑ Collins, Robbie (22 de maio de 2013). "The Great Beauty, review". The Daily Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La grande bellezza na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)