Akira Kurosawa
Nome orixinal | (ja) 黒澤明 (ja) 黒沢明 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de marzo de 1910 Shinagawa (Imperio do Xapón) |
Morte | 6 de setembro de 1998 (88 anos) Setagaya, Xapón |
Causa da morte | derramo cerrebral |
Lugar de sepultura | An'yō-in 35°18′51″N 139°33′20″L / 35.314064, 139.555447 |
Residencia | Xapón |
Altura | 182 cm |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, escritor, realizador, produtor, montador, produtor de cinema, guionista, pintor |
Período de tempo | Século XX |
Período de actividade | 1936 - 1993 |
Membro de | |
Pseudónimo literario | AK |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Yōko Yaguchi (1945–1985), morte do cónxuxe |
Fillos | Hisao Kurosawa, Kazuko Kurosawa |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Куросава Акира) Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
|
Akira Kurosawa (黒澤 明[1] Kurosawa Akira?), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993. Considerado como un dos máis importantes e influentes directores da historia do cine, Kurosawa dirixiu 30 filmes en 57 anos de carreira.
Kurosawa comezou na industria do cine xaponés en 1936, despois dun breve período como pintor. Despois de moitos anos traballando en filmes como asistente de director e guionista, debutou detrás da cámara en 1943 cun filme de acción Sugata Sanshirō. Despois da segunda guerra mundial, a crítica aclamou O anxo ebrio (1948), no cal Kurosawa escolleu entre o elenco a un daquela descoñecido Toshiro Mifune, facendo medrar a súa reputación como un dos mellores novos directores do Xapón. Os dous homes colaborarían xuntos noutros 15 filmes.
Rashomon, que se estreou en Toquio en agosto de 1950, converteuse o 10 de setembro de 1951 no gañador sorpresa do León de Ouro no Festival de Cine de Venecia, e máis tarde foi estreada en Europa e Norte América. O éxito comercial e da crítica abriulle a porta do mercado cinematográfico occidental. Durante os anos 1950 e 1960, Kurosawa dirixiu aproximadamente un filme por ano, incluíndo Ikiru (1952), Os sete samurais (1954) e Yojimbo (1961). Despois dos anos 1960, volveuse menos prolífico, pero no seu período final dirixe Kagemusha (1980) e Ran (1985). En 1990, acepta o Óscar á Traxectoria Profesional.[2][3]
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e contorna familiar
[editar | editar a fonte]Naceu o 23 de marzo de 1910 no barrio de Omori, a Toquio,[4] e era o máis pequeno dos oito fillos dunha ilustre familia de antigos samurais, con tres irmáns e catro irmás meirandes. Os seus pais foron Isamu e Shima Kurosawa;[5] Shima Kurosawa, a súa nai, tiña corenta anos no momento do nacemento de Akira, e o seu pai Isamu, corenta e cinco. Isamu, un antigo militar, deulles ós seus fillos unha educación moi estrita. A nenez de Akira quedou marcada por diversos feitos dramáticos familiares, o terremoto de Kanto de 1923 e o suicidio do irmán que el máis admiraba. Dos seus tres irmáns máis vellos, un morrera antes que nacese Akira e un xa marchara da casa. Tamén abandonara o fogar unha das catro irmás grandes para formar a súa propio familia. Unha irmá á que chamaba "pequena grande irmá" morreu de súpeto cando tiña dez anos logo dunha breve enfermidade.
O pai traballou como director dunha escola de secundaria ó servizo do exército xaponés. Financeiramente, a familia estaba por enriba da media. Isamu Kurosawa era un admirador da cultura occidental, tanto nas actividades deportivas, algunhas das cales dirixiu, como nas relacionadas co cinema; levaba a familia para ver filmes, que xa se comezaban a poder ver nos teatros xaponeses. Máis tarde, cando a cultura xaponesa se afastou dos filmes occidentais, Isamu seguiu a crer que este tipo de obras eran unha experiencia educativa moi positiva.
Na escola primaria, Akira comezou a debuxar e apaixonouse pola pintura baixo a influencia dun dos seus mestres, que se fixou no seu talento. Malia a súa vocación artística, máis adiante negaríase a ingresar na Escola de Belas Artes.
Adquiriu unha sólida cultura cinematográfica grazas ó seu pai, un gran cinéfilo e, sobre todo, o seu irmán Heigo que era un benshi (弁士 ou katsudo-benshi 活動弁士), é dicir, un comentarista de filmes mudos para o público analfabeto. Os seus dous irmáns grandes, Heigo e Tachikawa tiveron un fondo impacto nel.[4] Heigo era moi intelixente, gañando diversas competicións académicas, pero tiña tamén o que podería chamarse un "lado escuro" ou "cínico". En 1923, o Gran terremoto de Kanto destruíu Toquio e matou 100 000 persoas. Durante este acontecemento, Heigo, con 17 anos, e Akira, con 13, fixeron un percorrido a pé ollando a devastación. Os corpos de persoas e animais amoreábanse en todo o lugar, e cando Akira tentou virar a cabeza para evitar o horror, Heigo instouno a que non o fixese; Akira comentou máis tarde que esta experiencia ensinoulle a saber mirar de cara ao terror para poder derrotar a súa capacidade de tonarse en medo.[6]
Durante a transición do cinema mudo ó cinema sonoro, que no Xapón se produciu máis tarde que noutros lugares, os benshi perderon o traballo en todo o país. Heigo organizou unha folga de benshi que fracasou. Akira tamén se implicou nas loitas de sindicatos, escribindo diversos artigos para un xornal, ó tempo que melloraba e ampliaba as súas habilidades como pintor e lía moita literatura. Cando Akira Kurosawa tiña 23 anos, o seu irmán Heigo suicidouse. Catro meses máis tarde, o máis grande dos irmás de Kurosawa tamén morreu, deixando a Akira como o único supervivente dos catro rapaces da familia.
Akira casou coa actriz Yoko Yaguchi.[7] Con ela tivo dous fillos: un deles chamado Hisao, que máis tarde chegaría a converterse en produtor e traballaría co seu pai en diversos filmes (Ran, Yume, Hachigatsu no rapusodī aka Hachigatsu no kyōshikyoku e Mādadayo),[8] e unha filla chamada Kazuko, futura deseñadora do vestiario dos filmes.[9]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Mentres que gañaba a vida como ilustrador de libros, en 1936 entra na industria do cinema como axudante de dirección do estudio "Photo Chemical Laboratory". Aprende o oficio coa práctica, a carón do realizador Kajiro Yamamoto de quen se separa en 1941. Fai algúns guións, pero os produtores rexéitanos.
Nun clima de censura, en 1943 realizou o seu primeiro filme, Sugata Sanshiro, que é unha adaptación de Tsuneo Tomita da biografía do gran mestre de judo, filme que conseguiu un éxito moi importante no Xapón. Durante a segunda guerra mundial viuse forzado a dirixir obras cinematográficas de cara á propaganda antiamericana promovida polo goberno xaponés, pero xa na posguerra fixo crítica da sociedade xaponesa, especialmente sobre o immobilismo dos funcionarios.
O seu primeiro grande éxito internacional foi Rashomon[10] (1950), filme co que gañou o primeiro premio na Mostra de Venecia (León de Ouro, 1951) e o Óscar ó mellor filme en lingua estranxeira. Isto significou a súa consagración e o recoñecemento do cinema xaponés a nivel mundial.
Encadenou os éxitos con Hakuchi, Os sete samurais, Trono de sangue, Barbarroxa, pero tamén padeceu uns momentos difíciles cando fracasou no intento de incorporarse ó cinema americano e co pouco éxito do seu primeiro filme en cor, Dodeskaden. Isto levouno a intentar suicidarse en 1971.
Diante das dificultades para producir os seus filmes no Xapón, consegue ser financiado por unha sociedade soviética, "Mosfilm", e realiza Dersu Uzala que lle permite recuperar o camiño do éxito e no 1976 obtén de novo o Óscar ó mellor filme en lingua estranxeira. Nos seus derradeiros filmes recibe o apoio de personalidades como Serge Silberman, Francis Ford Coppola e George Lucas que lle permite realizar obras como Kagemusha (Palma de Ouro no Festival de Cannes de 1980), Ran ou Madadayo.
En 1990 a Academia de Cinema norteamericana outórgalle o Óscar de honra á traxectoria da súa carreira, e no 1994 concédeselle o Premio de Kyōto. Morreu o 6 de setembro de 1998 en Toquio.
Morte e obras póstumas
[editar | editar a fonte]Despois do accidente en 1995, a saúde de Kurosawa comezou a se deteriorar. Malia que a súa mente continuaba afiada e viva, o seu corpo estaba desistindo, e nos derradeiros seis meses da súa vida, o diretor ficou practicamente confinado na súa cama, escoitando música e vendo a televisón en casa. O 6 de setembro de 1998, Kurosawa morreu dun derramo, en Setagaya, Toquio, con 88 anos de idade.[11] Foi sepultado no Anyo-jy Temple Cemetery, Kamakura, Kanagawa no Xapón.[12]
Após a morte de Kurosawa, algunhas obras póstumas baseadas nos seus itinerarios non filmados foron producidas. Ame agaru, dirixido por Takashi Koizumi, foi lanzado en 1998,[13][14] e The Sea is Watching, dirixido por Kei Kumai, estreouse en 2002.[15]
Obra
[editar | editar a fonte]O cine de Akira Kurosawa
[editar | editar a fonte]A súa primeira grande obra foi O anxo ebrio (1948) que marcou o inicio da súa colaboración co actor Toshirō Mifune. Con Rashomon (1950) veulle a notoriedade internacional, xa que foi a primeira película oriental premiada nun festival internacional, concretamente gañou o León de Ouro no Festival de Venecia. Tamén foi premiada co Óscar á mellor película estranxeira.
Adaptou varios novelistas occidentais, como Fiódor Dostoievski en The idiot (O idiota, 1951), William Shakespeare en Trono de sangue (1957) ou Maxim Gorki en The lower depths (Os baixos fondos, 1957).
No 1954 chegou a súa grande obra Os sete samurais. Inspirou numerosos westerns, salientando Os sete magníficos de John Sturges.
Con Dersu Uzala (1975) gañou outra vez o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Kurosawa tiña un estilo e unha técnica cinematográfica moi particular e distintiva, era moi perfeccionista e empregaba por exemplo un encadeado entre escenas imitado, a xeito de homenaxe, na saga de filmes Star Wars. Recibiu influencies tanto da tradición oriental (teatros xaponeses Kabuki,No) como da cultura occidental (Shakespeare, Tolstoi e outros autores rusos, e do director norteamericano John Ford).
Nas súas obras, Kurosawa insistiu a describir ou facer unha parábola da sociedade humana. Describiu así a pobreza (Dodeskaden), a violencia urbana (Can salvaxe), a enfermidade e a inmobilidade dos funcionarios (Vivir), a destrución do medio ambiente (Soños), a vellez (Madadayo). Fixo igualmente unha crónica da época medieval (Os sete samurais, Kagemusha, Ran, entre outros). Nos seus filmes, representa frecuentmente escenas oníricas mediante o emprego, por exemplo, de decoracións de seda pintada (Dodeskaden, Kagemusha, Madadayo).
Os seus referentes
[editar | editar a fonte]Unha característica notable dos filmes de Kurosawa é a amplitude e a diversidade das influencies artísticas recibidas. Algúns dos seus filmes están baseados en obres de William Shakespeare. En Ran, ten como referente O rei Lear; Trono de sangue está baseada en Macbeth, mentres que a The Bad Sleep Well (1960) pódense observar certos paralelismos con Hamlet, malia que non se basea nela. Kurosawa tamén dirixiu adaptacións de obras literarias rusas, entre as cales destacan O idiota (1951) de Dostoievski, o seu autor favorito, e os Baixos fondos (1957), da obra de Maxim Gorki. Ikiru está inspirada na obra de Lev Tolstoi, A morte de Ivan Ilich. Dersu Uzala (1975) baseouse nas lembranzas do mesmo título escritas en 1923 polo explorador ruso Vladimir Arseniev. As liñas argumentais de Barbaroxa (1965) pódense atopar en Humillados e ofendidos de Dostoievski.
O ceo e o inferno (1963) baséase en King's Ransom do escritor policíaco americano Ed McBain. Yojimbo pode estar inpirado na obra de Dashiell Hammett, Red Harvest (Colleita vermella), e tamén nos westerns americanos. Kurosawa apreciábase moito na obra e no estilo de Georges Simenon e O can rabioso foi produto do desexo de Kurosawa por facer un filme ó estilo de Simenon.[16]
Entre as influencies cinematográficas pódense contar directores como Frank Capra, William Wyler, Howard Hawks, o seu mentor Kajiro Yamamoto, e o seu director favorito, John Ford,[17] do cal Kurosawa imitou o hábito de empregar lentes escuroa. Cando Kurosawa se reuniu con Ford, o director norteamericano díxolle sinxelamente: "Gústache a choiva" Kurosawa respondeu: "Realmente estivo prestando atención ós meus filmes".[18] Máis tarde daríalle instrucións a Yoshio Tsuchiya, un dos actores de Os sete samurais, que recuperase o mesmo sombreiro que Ford levou durante a reunión.[19]
Malia as críticas dalgúns sectores xaponeses no senso que era "demasiado occidental",[20] Kurosawa realment estaba profundamente influído pola cultura xaponesa, así como polo teatro Noh e polo Jidaigeki (drama de época), un xénero de cinema xaponés.
O legado artístico
[editar | editar a fonte]Unhas cantas obras de Kurosawa foron importantes referentes e foron imitadas. Os sete samurais foi transformada na coñecida Os sete magníficos (1960),[21] e Rashomon serviulle a Martin Ritt para realizar The Outrage (1964). Vantage Point (2008) de Pete Travis tamén recibiu a influencia de Rashomon.
Yojimbo inspirou o filme de Sergio Leone Por un puñado de dólares (1964) –con Clint Eastwood–, como demostrou unha demanda gañada por Kurosawa,.[22] Posteriormente produciu un segundo remake, O último home íntegro (1996), dirixida por Walter Hill e con Bruce Willis de protagonista. Outro filme imitado foi Sanjuro, co remake dirixido por Yoshimitsu Morita, Tsubaki Sanjuro (2007).
A fortaleza oculta (1957) inspirou un filme dirixido por Shinji Higuchi,Kakushi Toride no San-Akunin: The Last Princess (2008). Tamén se recoñece a súa influencia sobre Star Wars (A Guerra das Galaxias) de George Lucas; en particular, A guerra das galaxias e O retorno do Jedi e, en concreto, nos personaxes R2-D2 e C-3PO.[23][24] Na saga de Star Wars, Lucas tamén serviu unha versión modificada dun tipo de transición utilizada por Kurosawa.
Entre os remakes inspirados en Ikiru,[25] en Ceo e terra,[26] e Os sete samurais,[27] están en curso. Un segundo remake de Rashomon tamén está en camiño.[28]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Título xaponés |
---|---|---|
1943 | Sugata Sanshirō Judo Saga |
姿三四郎 |
1944 | Ichiban utsukushiku | 一番美しく |
1945 | Zoku Sugata Sanshirō Judo Saga 2 |
續姿三四郎 |
Tora no o wo fumu otokotachi | 虎の尾を踏む男達 | |
1946 | Waga seishun ni kuinashi | わが青春に悔なし |
1947 | Subarashiki nichiyōbi | 素晴らしき日曜日 |
1948 | O anxo ebrio | 酔いどれ天使 |
1949 | Shizukanaru ketto | 静かなる決闘 |
O can doente | 野良犬 | |
1950 | Sukyandaru Shūbun |
醜聞 |
Rashomon | 羅生門 | |
1951 | Hakuchi | 白痴 |
1952 | Ikiru | 生きる |
1954 | Os sete samurais | 七人の侍 |
1955 | Ikimono no kiroku | 生きものの記録 |
1957 | Trono de sangue | 蜘蛛巣城 |
Donzoko | どん底 | |
1958 | A fortaleza escondida | 隠し砦の三悪人 |
1960 | Os malandros dormen en paz | 悪い奴ほどよく眠る |
1961 | Yōjinbō | 用心棒 |
1962 | Tsubaki Sanjūrō | 椿三十郎 |
1963 | O inferno do odio | 天国と地獄 |
1965 | Barbarroxa | 赤ひげ |
1970 | Dodesukaden | どですかでん |
1975 | Dersu Uzala | デルス・ウザーラ |
1980 | Kagemusha | 影武者 |
1985 | Ran | 乱 |
1990 | Yume | 夢 |
1991 | Hachigatsu no rapusodī | 八月の狂詩曲 |
1993 | Madadayo | まあだだよ |
Premios
[editar | editar a fonte]- 1951 – "León de Ouro" (Leone d'Oro) na Mostra de Venecia (Mostra di Venezia) por Rashomon.
- 1951 – "Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa" por Rashomon.
- 1955 – "León de Prata" (Leone d'Argento) na Mostra de Venecia por Os sete samurais.
- 1975 – "Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa" por Dersu Uzala.
- 1980 – "Palma de Ouro" (Palme d'or) no Festival de Cannes por Kagemusha.
- 1982 – "León de Ouro" concedido por toda unha carreira (alla carriera) na Mostra de Venecia.
- 1984 – Lexión de honra francesa (Legion d'Honneur)
- 1990 – Óscar honorario por toda unha carreira (Honorary Academy Award)
- 2006 – Premio especial na X Celebración de cinema en Irán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 黒沢 明 en Shinjitai
- ↑ "Academy Award Acceptance Speech Database". Archived from the original on 17 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-06-13.
- ↑ "Akira Kurosawa Tribute with George Lucas, Steven Spielberg". 2008-11-19. Consultado o 2010-06-28.
- ↑ 4,0 4,1 Richie, Donald (1999). The Films of Akira Kurosawa. University of California Press. pp. 10–11. ISBN 0520220374.
- ↑ Bfi.org.uk, ed. (31 de agosto de 2007). "Akira Kurosawa: Biography". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2008. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ Kurosawa, Akira (1983). Something Like An Autobiography. Vintage Books. pp. 53–54. ISBN 0394714393.
- ↑ Kurosawa, Akira (1983). Something Like An Autobiography. Vintage Books. pp. 134. ISBN 0394714393.
- ↑ Fichaen IMDb
- ↑ No ano 2008 gañou o Genie Award for Best Achievement in Costume Design, premio que concede a Academy of Canadian Cinema and Television.
- ↑ ""O efecto Rashomon'. Análise filosófica para o centenario de Akira Kurosawa" de Gonçal Mayos.". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 06 de agosto de 2015.
- ↑ Galbraith, pp. 639–640
- ↑ Modelo:Findagrave
- ↑ Galbraith, pp. 641–645
- ↑ "After the Rain (1999)". Consultado o 19 de agosto de 2010.
- ↑ "The Sea Is Watching (2002)". Consultado o 19 de agosto de 2010.
- ↑ Richie, Donald (1999). The Films of Akira Kurosawa. University of California Press. p. 58. ISBN 0520220374.
- ↑ Richie, Donald (1999). The Films of Akira Kurosawa. University of California Press. pp. 45, 242. ISBN 0520220374.
- ↑ Chris Marker (Director) (1985). A.K. Criterion Collection.
- ↑ Yoshio Tsuchiya (Narrador) (1999). Kurosawa: The Last Emperor.
- ↑ Galbraith IV, Stuart (2002). The Emperor and the Wolf: The Lives and Films of Akira Kurosawa and Toshiro Mifune. Faber & Faber. pp. 119. ISBN 0571199828.
- ↑ Erickson, Hal. AllMovie, ed. "The Magnificent Seven > Overview". Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ Movingimage.us (ed.). "American Museum of the Moving Image - Yojimbo". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 19 de abril de 2009.
- ↑ Introduction to Criterion Collection DVD release of The Hidden Fortress.
- ↑ The Secret History of Star Wars (ed.). "The Secret History of Star Wars". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2009. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ By. Variety.com, ed. "Irish eyes smile on DreamWorks' 'Ikiru' remake". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2008. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ Comingsoon.net (ed.). "Nichols Directing High and Low Remake". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2008. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ Imdb.com (ed.). "The Seven Samurai (2009) IMDb entry". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2009. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ By. Variety.com, ed. "'Rashomon' remake finds a Harbor". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2009. Consultado o 19 de maio de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akira Kurosawa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bock, Audie (1978). Japanese Film Directors. Kodansha International Ltd.. ISBN 0-87011-304-6.
- Buchanan, Judith (2005). Shakespeare on Film. Pearson Longman. ISBN 0-582-43716-4.
- Burch, Nöel (1979). To the Distant Observer: Form and Meaning in the Japanese Cinema. University of California Press. ISBN 0-520-03605-0. Available online at the Center for Japanese Studies, University of Michigan
- Cowie, Peter (2010). Akira Kurosawa: Master of Cinema. Rizzoli Publications. ISBN 0-8478-3319-4.
- Davies, Anthony (1990). Filming Shakespeare's Plays: The Adaptions of Laurence Olivier, Orson Welles, Peter Brook and Akira Kurosawa. Cambridge University Press. ISBN 0-521-39913-0.
- Desser, David (1983). The Samurai Films of Akira Kurosawa (Studies in Cinema No. 23). UMI Research Press. ISBN 0-8357-1924-3.
- Kurosawa, Akira (1999). Shogakukan, ed. Kurosawa Akira zengashū (en Japanese). ISBN 4-09-699611-4.
- Galbraith IV, Stuart (2002). The Emperor and the Wolf: The Lives and Films of Akira Kurosawa and Toshiro Mifune. Faber & Faber. ISBN 0-571-19982-8
- Goodwin, James. Perspectives on Akira Kurosawa. G. K. Hall & Co.. ISBN 0-8161-1993-7.
- Kurosawa, Akira (1983). Something Like An Autobiography. Vintage Books USA. ISBN 0-394-71439-3
- Leonard, Kendra Preston (2009). Shakespeare, Madness, and Music: Scoring Insanity in Cinematic Adaptations. Plymouth: The Scarecrow Press. ISBN 0-8108-6946-2.
- Nogami, Teruyo (2006). Waiting on the Weather: Making Movies With Akira Kurosawa. Stone Bridge Press. ISBN 1-933330-09-0
- Prince, Stephen (1999). The Warrior's Camera: The Cinema of Akira Kurosawa (2nd, revised ed.). Princeton University Press. ISBN 0-691-01046-3,.
- Richie, Donald; Mellen, Joan (1999). The Films of Akira Kurosawa. University of California Press. ISBN 0-520-22037-4
- Sorensen, Lars-Martin (2009). Censorship of Japanese Films During the U.S. Occupation of Japan: The Cases of Yasujiro Ozu and Akira Kurosawa. Edwin Mellen Press. ISBN 0-7734-4673-7.
- Yoshimoto, Mitsuhiro (2000). Kurosawa: Film Studies and Japanese Cinema. Duke University Press. ISBN 0-8223-2519-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de Akira Kurosawa
- Akira Kurosawa na IMDb (en inglés).
- Senses of Cinema Base de datos de Grandes Directores (en inglés)
- Perfil de Kurosawa en Japan Zone (en inglés)
- Base de datos sobre Kurosawa (en xaponés)
- Article "Ikiru: The Art of Living" en Bohème MagazineArquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Great Performances: Kurosawa (PBS) Arquivado 24 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Noticias e información sobre Kurosawa (en inglés)
- Un site dédié à Kurosawa (en francés)
- O 'efecto Rashomon'. Análise filosófico para o centenario de Akira Kurosawa" (en castelán) de Gonçal Mayos (UB)(en catalán).