Saltar ao contido

O anxo ebrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O anxo ebrio
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinal醉いどれ天使
Yoidore Tenshi
DirectorAkira Kurosawa
ProdutorSōjirō Motoki
Guión
Intérpretes
Música
FotografíaTakeo Itō
MontaxeAkira Kurosawa
EstudioToho Studios
DistribuidoraToho
Estrea 27 de abril de 1948
Duración98 minutos
Orixe Xapón
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0040979 Filmaffinity: 464992 Allocine: 3062 Rottentomatoes: m/drunken_angel Allmovie: v14877 TCM: 73702 TV.com: movies/drunken-angel Netlix: 70021008 Editar o valor en Wikidata

O anxo ebrio[1] (醉いどれ天使 Yoidore Tenshi?) é un filme xaponés de 1948[2] dirixido por Akira Kurosawa. É a primeira das dezaseis colaboración entre o director Kurosawa e o actor Toshiro Mifune.

Sanada é un doutor cun carácter moi peculiar, que leva a cabo unha obstinada loita contra as doenzas e que ten o costume de consumir alcohol. Este home vive e traballa nun barrio periférico do Toquio de posguerra. Alí coexisten a lei da mafia e a dunha democracia en formación. Certo día, o doutor recibe a un home a altas horas da noite que lle pide que lle cure unha ferida na súa man. As sospeitas que o doutor deixa albiscar nas súas faccións e acenos concréntanse en pouco tempo ó extraer da man unha bala. O ferido chámase Matsunaga e é outro home cun carácter peculiar, un xefe da mafia local. Logo de extraer a bala e facer outros exames, Sanada descobre que Matsunaga ten tuberculose e a partir desa diagnose comeza a construírse unha difícil relación entre estas dúas persoas.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "A TVG comeza hoxe un ciclo adicado a Akira Kurosawa e ao seu actor icono, Toshiro Mifune". 5 de febreiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Decine21, El ángel ebrio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]