Ladrón de bicicletas
Ladrón de bicicletas | |
---|---|
Enzo Staiola no filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ladri di biciclette |
Director | Vittorio De Sica |
Produtor | Giuseppe Amato |
Guión | Vittorio De Sica Cesare Zavattini Suso Cecchi d'Amico Gerardo Guerrieri Oreste Biancoli Adolfo Franci |
Intérpretes | Lamberto Maggiorani Enzo Staiola Lianella Carell Vittorio Antonucci |
Música | Alessandro Cicognini |
Fotografía | Carlo Montuori |
Montaxe | Eraldo Da Roma |
Distribuidora | Ente Nazionale Industrie Cinematografiche |
Estrea | 14 de novembro de 1948[1] |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Drama |
Orzamento | $81 000 (estimado)[2] |
Recadación | $371 111 (Italia)[1] |
Na rede | |
Ladrón de bicicletas (en italiano: Ladri di biciclette) é un filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica. Obra mestra do neorrealismo italiano, e a máis coñecida da triloxía de De Sica, xunto a Umberto D. e Milagre en Milán.
Foi emitido en galego pola Televisión de Galicia o 17 de abril de 2022.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Na Roma da posguerra, un obreiro en paro consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que teña unha bicicleta, pero o problema é que a súa bicicleta empeñouna, polo que a súa primeira tarefa será recuperala.
Unha vez montado na súa bicicleta comeza a traballar, pero ocorre que non pasou sequera nin un día de traballo cando lle rouban a bicicleta e con ela o seu futuro. Dende ese intre e ata o final do filme a historia o protagonista xunto co seu fillo e algúns amigos, buscarán infrutuosamente recuperar a bicicleta roubada. A escena final amósanos ante o dilema moral no que o protagonista se ve obrigado a converterse el mesmo nun ladrón.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Lamberto Maggiorani como Antonio Ricci.
- Enzo Staiola como Bruno Ricci, fillo de Antonio.
- Lianella Carell como Maria Ricci, muller de Antonio.
- Gino Saltamerenda como Baiocco, amigo de Antonio.
- Vittorio Antonucci como Ladrón de bicicletas.
- Giulio Chiari como Beggar.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1949: Nomeada ó Oscar: Mellor guión. Premio Honorífico ó Mellor filme estranxeiro.
- 1949: Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro.
- 1949: BAFTA: Mellor filme.
- 1949: 6 premios do Sindicato Nacional de periodistas italianos, incluíndo, filme, director.
- 1949: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, director.
- 1949: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme estranxeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Bicycle Thief (1949)". Box Office Mojo. Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ Roy Stafford. "Bicycle Thieves (Ladri di biciclette, Italy 1948)". Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ SincroGuía TV
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Bicycle Thieves en Criterion Arquivado 06 de abril de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)