La vita è bella
Aparencia
La vita è bella | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La vita è bella |
Director | Roberto Benigni |
Produtor | Gianluigi Braschi Elda Ferri |
Guión | Roberto Benigni Vincenzo Cerami |
Intérpretes | Roberto Benigni Nicoletta Braschi Giorgio Cantarini Giustino Durano Horst Buchholz |
Música | Nicola Piovani |
Fotografía | Tonino Delli Colli |
Montaxe | Simona Paggi |
Estudio | Cecchi Gori Group |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 20 de decembro de 1997 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Drama |
Orzamento | $20 000 000[1] |
Recadación | $229 200 000[2] |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/life-is-beautiful | |
La vita è bella é unha película italiana de 1997 que narra como un italiano xudeu, Guido Orefice (interpretado por Roberto Benigni, que tamén dirixe o filme), vive no seu propio mundo: unha especie de historia romántica como contraposición ó terrible mundo que lle rodea de campos de concentración na segunda guerra mundial.
O obxectivo deste xogo que crea o protagonista é protexer ó seu fillo para que este non se dea conta de cal é a situación real que están vivindo.
Premios
[editar | editar a fonte]Esta película foi premiada en diversas partes do mundo, algúns deles son:
- Celebrado en 1998 na cidade de Londres, mellor película, Premio do cine europeo.
- En Francia, Premio do Xurado no Festival de Cannes en 1998.
- En Grecia, Festival de Cine Internacional de Atenas, Premio de audiencia, en 1998.
- En Polonia, Festival de Cine Internacional de Varsovia, Premio de audiencia, en 1998.
- No Canadá, Festival de Cine Internacional de Vancouver, como a película máis popular en 1998.
- En Italia, Sindicato Nacional Italiano de Xornalistas de Cine, mellor actor, mellor director, mellor historia orixinal e mellor guión, en 1998.
- En Francia, Premios César, mellor película estranxeira en 1999.
- En Alemaña, Premios do Cine Alemán, mellor película estranxeira en 1999.
- En Australia, Instituto de Cine Australiano, mellor película estranxeira en 1999.
- Nos Estados Unidos, Premios Oscar, gañou tres Oscar, mellor actor, mellor película estranxeira, mellor música orixinal en 1999.
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]Esta película tamén foi obxecto de diversos nomeamentos:
- En Noruega, Premios Amanda, mellor película estranxeira, en 1999.
- En Australia, Círculo de Críticos Cinematográficos de Australia, mellor película estranxeira en 1999.
- En Reino Unido, Premios do Cine Independente Británico, mellor película estranxeira, en 1999.
- En Estados Unidos, Premios Oscar, catro nomeamentos: mellor director, montaxe, película e guión orixinal, en 1999.
- No Xapón, Premios da Academia Xaponesa, mellor película estranxeira no ano 2000.
- En Checoslovaquia, Czech Lions, mellor película estranxeira no ano 2000.
Banda sonora
[editar | editar a fonte]A banda sonora da película é de Nicola Piovani, que conseguiu por ela o Premio Oscar.
Está composta polos seguintes temas:
- Beautiful that way-Noa
- Buongiorno Principessa
- La vita è bella
- Viva Giosuè
- Grand hotel valse
- La notte di favola
- La notte di fuga
- Le uova nel cappello
- Grand hotel fox
- Il treno nel buio
- Arriva il carro armato
- Valsa Larmoyante
- L'uovo di struzzo-Danza etiope
- Krautentang
- Il gioco di Giosuè
- Barcarolle
- Guido e Ferruccio
- Abbiamo vinto (titoli di coda)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office Information for Life is Beautiful. Arquivado 19 de xuño de 2013 en Wayback Machine. The Wrap. Consultado o 4 de abril de 2013
- ↑ Life is Beautiful Box Office Mojo Consultado o 28 de decembro de 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La vita è bella na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)