Un homme et une femme
Un homme et une femme | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Un homme et une femme |
Director | Claude Lelouch |
Produtor | Claude Lelouch |
Guión | Pierre Uytterhoeven Claude Lelouch (sen acreditar) |
Intérpretes | Anouk Aimée Jean-Louis Trintignant |
Música | Francis Lai |
Fotografía | Claude Lelouch |
Montaxe | Claude Barrois Claude Lelouch (sen acreditar) |
Estudio | Les Films 13 |
Distribuidora | Allied Artists |
Estrea | 12 de xullo de 1966 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Romance |
Recadación | 14 millóns de dólares (USA)[1] |
Na rede | |
Un homme et une femme é un filme francés de 1966 escrito e dirixido por Claude Lelouch e protagonizado por Anouk Aimée e Jean-Louis Trintignant. Escrito por Lelouch e Pierre Uytterhoeven, o filme conta a historia dunha viúva e un viúvo que se coñecen por casualidade no colexio dos seus fillos e cuxa relación incipiente é complicada por mor das lembranzas das súas parellas mortas.[2] O filme salienta pola súa exuberante fotografía, con frecuentes secuencias entre imaxe en cor, branco e negro e sepia, e pola banda sonora composta por Francis Lai.
Un homme et une femme vendeu un total de 4 272 000 entradas nos cinemas de France e foi o sexto filme con maior recadación dese ano.[3] Nos Estados Unidos, o filme recadou 14 000 000 dólares.[1] O filme gañou varios premios, incluíndo a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1966,[4] dous Globos de Ouro ó mellor filme en lingua estranxeira e mellor actriz dramática (para Aimée), e dous Premios Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.[5][6] Unha secuela, Un Homme et une Femme, 20 Ans Déjà foi estreada en 1986, seguida por Les Plus Belles Années d'une vie, que se estreou no ano 2019.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O piloto de carreiras Jean-Louis Duroc e Anne Gauthier, dous viúvos recentes, encóntranse por casualidade cando visitan os seus respectivos fillos nun internado e iso repítese todas as fins de semana. Un día, Anne perde o tren e Jean-Louis ofrécelle levala de volta a París; acaban converténdose en amigos íntimos e finalmente apaixonados, mais notan que as lembranzas dos cónxuxes falecidos aínda son moi fortes.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Anouk Aimée como Anne Gauthier
- Jean-Louis Trintignant como Jean-Louis Duroc
- Pierre Barouh como Pierre Gauthier
- Valérie Lagrange como Valerie Duroc
- Antoine Sire como Antoine Duroc
- Souad Amidou como Françoise Gauthier
- Henri Chemin como copiloto de Jean Louis
- Yane Barry como amante de Jean Louis
- Paul Le Person como empregado da gasolineira
- Simone Paris como amante principal
- Gerard Sire como comentarista de radio
- Gérard Larrousse como condutor de rally
- Jean Collomb como o servidor
- Clive Roberts como condutor de rally[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 The Numbers (ed.). "A Man and a Woman, Box Office Information". Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ "A Man and a Woman". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ JP's Box Office (ed.). "Un homme et une femme". Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ Festival de Cannes (ed.). "Un homme et une femme". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "The 39th Academy Awards (1967) Nominees and Winners". Consultado o 31 de marzo de 2012.
- ↑ "Golden Globe Awards for 1967". Internet Movie Database. Consultado o 1 de abril de 2012.
- ↑ "Full cast and crew for A Man and a Woman". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 39ª edición dos Óscar
- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Un homme et une femme na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)