Roma, cidade aberta
Roma, cidade aberta | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Roma, città aperta |
Director | Roberto Rossellini |
Produtor | Giuseppe Amato Ferruccio De Martino Roberto Rossellini |
Guión | Sergio Amidei, Alberto Consiglio Federico Fellini Roberto Rossellini |
Intérpretes | Anna Magnani Aldo Fabrizi Marcello Plagiero Nando Bruno Harry Feist |
Música | Renzo Rossellini |
Fotografía | Ubaldo Arata |
Estrea | 1945 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Roma, cidade aberta (título orixinal en italiano Roma, città aperta) é unha película italiana dirixida por Roberto Rossellini en 1945. Está considerada a película manifesto do neorrealismo italiano. A película sitúase en Roma, nos últimos momentos da ocupación nazi de 1944.
Produción
[editar | editar a fonte]Rosellini comezou a traballar no guión en agosto de 1944, a só dous meses de terminar a ocupación alemá, coa colaboración de Federico Fellini e de Sergio Amadei. Segundo as súas propias palabras, estaba movido por unha forte necesidade de narrar os acontecementos recentes, e literalmente saíu á rúa a buscar historias (o argumento baséase en parte en sucesos reais). Comezou a rodarse en xaneiro de 1945, tanto en estudios como en localizacións da cidade devastada, sendo isto último algo que se caracterizaría no neorrealismo. Tamén o sería a participación de actores non profesionais, a excepción de Anna Magnani e Aldo Fabrizi.
Estrea
[editar | editar a fonte]No seu lanzamento a película foi vítima da censura. Nos Estados Unidos recortouse, reducindo a súa duración nun cuarto de hora. Na Arxentina foi quitada de exhibición por unha orde anónima do goberno en 1947. En Alemaña Occidental foi prohibida desde 1951 ata 1960.
Emitiuse subtitulado en galego na TVG o 11 de agosto de 2001.[1]