Dancer in the Dark
Aparencia
Dancer in the Dark | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dancer in the Dark |
Director | Lars von Trier |
Produtor | Vibeke Windeløv Peter Aalbæk Jensen |
Guión | Lars von Trier |
Intérpretes | Björk Catherine Deneuve Vladica Kostic David Morse Cara Seymour Peter Stormare |
Música | Björk |
Fotografía | Robby Müller |
Montaxe | François Gédigier Molly Marlene Stensgård |
Estudio | Canal+ FilmFour France 3 Cinéma |
Distribuidora | Fine Line Features |
Estrea | 2000 |
Duración | 139 minutos |
Orixe | Dinamarca |
Xénero | Drama |
Orzamento | $17 000 000 |
Recadación | $45 584 036 |
Na rede | |
http://www.dancerinthedarkmovie.com/ | |
Dancer in the Dark é un filme dramático dirixido por Lars von Trier que se estreou no 2000. Dancer in the Dark é o terceiro filme da triloxía de Lars von Trier "Golden Heart Trilogy;" os outros dous filmes son Breaking the Waves (1996) e Idioterne (1998).
Sinopse
[editar | editar a fonte]Selma é unha inmigrante checa e nai solteira que traballa na fábrica dunha vila dos Estados Unidos. A única vía de escape da súa rutineira vida é a súa paixón pola música, especialmente polas cancións e os números de baile dos musicais clásicos de Hollywood. Selma agocha un triste segredo: está perdendo a vista, pero o peor é que o seu fillo tamén quedará cego se ela non consegue os cartos necesarios para que se opere.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Björk como Selma Ježková
- Catherine Deneuve como Kathy (Cvalda)
- David Morse como Bill Houston
- Peter Stormare como Jeff
- Joel Grey como Oldrich Novy
- Cara Seymour como Linda Houston
- Vladica Kostic como Gene Jezek
- Jean-Marc Barr como Norman
- Vincent Paterson como Samuel
- Siobhan Fallon como Brenda
- Željko Ivanek como District attorney
- Udo Kier como Dr. Porkorny
- Jens Albinus como Morty
- Reathel Bean como Xuíz
- Michael Flessas como Angry Man
- Mette Berggreen como Recepcionista
- Lars Michael Dinesen como Defense attorney
- Katrine Falkenberg como Suzan
- Stellan Skarsgård como o Doutor
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2000: Nomeada ó Oscar: Mellor canción orixinal.
- 2000: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor canción, actriz - drama (Björk).
- 2000: Festival de Cannes: Palma de Ouro, Mellor Actriz (Björk).
- 2000: Nomeada ós Premios Goya: Mellor filme europeo.
- 2000: Nomeada ó Premio Cesar: Mellor película estranxeira.
- 2000: National Board of Review: Mellor actriz dramática (Björk).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)