Saltar ao contido

La venganza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La venganza
Ficha técnica
Título orixinalLa venganza
DirectorJuan Antonio Bardem
ProdutorCesáreo González
Manuel J. Goyanes
GuiónJuan Antonio Bardem
IntérpretesRaf Vallone
Carmen Sevilla
Jorge Mistral
Manuel Alexandre
Fernando Rey
MúsicaIsidro B. Maiztegui
FotografíaMario Pacheco
MontaxeMargarita de Ochoa
EstudioSuevia Films
Estrea1958
Duración122 minutos
OrixeEspaña España
Italia Italia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0051155 Filmaffinity: 609768 Allocine: 49105 Allmovie: v150311 TCM: 509198 Editar o valor en Wikidata

La venganza é un filme español de 1958 dirixido por Juan Antonio Bardem. Foi coprodudico por Italia, estando protagonizado polo actor italiano Raf Vallone. Francisco Rabal é o narrador do filme. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1958[1] mais non se estreou nos cinemas de España até o ano seguinte. O filme tivo graves problemas por mor da censura e Bardem mesmo acabou en prisión, xerando un grande escándalo internacional. O filme foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 31ª edición dos premios.[2]

Juan regresa á aldea tras estar encerrado dez anos por un crime que non cometeu. Xunto coa súa irmá Andrea deciden vingarse de quen cren que é o culpable dos males da familia: Luis "o Torcido". Para iso, os dous irmáns uniranse a unha cuadrilla de segadores que procura traballo polos campos de Castela e cun xefe que é o seu rival.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

A rodaxe comezou o 26 de xuño de 1957 e rematou o 29 de setembro do mesmo ano.[3]

O filme tivo numerosos problemas coa censura, que chegou a prohibir o título orixinal que aparecía no guión escrito en 1957 (Los segadores),[4] por coincidir co título do himno catalán (Els Segadors). Unhas das esixencias foi cambiar o momento en que ocorría a acción (os anos 50 no guión) suxerindo que os feitos descritos acontecesen en 1935. "Deste modo, a dura situación social dos segadores que se describe no filme sería responsabilidade das autoridades republicanas e non das franquistas."[5] Ao final, Bardem situou a acción en 1931, quitándolle responsabilidade á República dos sufrimintos das personaxes.[6]

  1. festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Vengeance". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2009. 
  2. oscars.org (ed.). "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2011. 
  3. Cerón, J.F.: El cine de..., pág. 151-152.
  4. Cerón, J.F.: El cine de..., páx. 144.
  5. Cerón, J.F.: El cine de..., pág. 147.
  6. Cerón, J.F.: El cine de..., páx. 148.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]