Saltar ao contido

Mi querida señorita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mi querida señorita
Ficha técnica
Título orixinalMi querida señorita
DirectorJaime de Armiñán
ProdutorLuis Megino
GuiónJosé Luis Borau
Jaime de Armiñán
IntérpretesJosé Luis López Vázquez
Julieta Serrano
Antonio Ferrandis
MúsicaRafael Ferro
FotografíaLuis Cuadrado
MontaxeAna Romero Marchent
Estrea17 de febreiro de 1972
Duración80 minutos
OrixeEspaña España
XéneroComedia negra
Na rede
IMDB: tt0067425 Filmaffinity: 257805 Allocine: 120305 Allmovie: v142296 TCM: 486880 Editar o valor en Wikidata

Mi querida señorita é un filme español de 1972 dirixido por Jaime de Armiñán. É unha comedia negra que aborda o tema do cambio de sexo, sendo o primeiro filme español que trata sobre a orientación sexual, o cal era un asunto tabú en España durante o franquismo. O filme foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 45ª edición dos premios.[1]

Adela Castro é unha solteirona de mediana idade resignada a que polo seu físico ningún home a queira. Un antigo amigo viúvo, Santiago, volve á cidade e pídelle matrimonio. Adela acode a pedir consello ao seu confesor porque está preocupada por non ser unha muller "normal" xa que se afeita.

Pouco despois ten un ataque de celos ao ver regresar a Isabelita, a súa serventa, dun paseo co seu mozo. Tras unha discusión, Isabelita despídese. Entón Adela acode ao médico, quen lle descobre que en realidade é un varón, feito que descoñecía porque a criaran como muller dende bebé e a moralidade da pequena cidade de provincias en que vive non lle permitiron explorar o sexo. Ao descubrilo, marcha precipitadamente a Madrid a vivir como un home.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. oscars.org (ed.). "The 45th Academy Awards (1973) Nominees and Winners". Consultado o 30 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Schwartz, Ronald, The Great Spanish Films: 1950- 1990,Scarecrow Press, Londres, 1991, ISBN 0-8108-2488-4

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]