Cela 211
Cela 211 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Celda 211 |
Director | Daniel Monzón |
Guión | Jorge Guerricaechevarría Daniel Monzón |
Intérpretes | Luís Tosar Alberto Ammann Antonio Resines Manuel Morón Marta Etura Carlos Bardem Luis Zahera Vicente Romero Fernando Soto |
Fotografía | Carles Gusi |
Montaxe | Mapa Pastor |
Estudio | Vaca Films Telecinco Cinema Morena Films TVG |
Distribuidora | Telecinco Cinema (España) IFC Film (USA) La Fabrique de Films (Francia) Senator Film (Alemaña) Filmtrade (Grecia) |
Estrea | 2009 |
Duración | 140 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Cela 211 (en castelán: Celda 211) é unha película galega, dirixida por Daniel Monzón en 2009, gañadora de 8 Premios Goya incluíndo mellor película, mellor actor (o galego Luís Tosar) e mellor director. É unha adaptación escrita por Jorge Guerricaechevarría da novela homónima do xornalista Francisco Pérez Gandul.
Estreouse en galego na TVG o 14 de xaneiro de 2012.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Juan, funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo inconsciente de Juan na cela 211. Ao espertar, Juan comprende a situación e faise pasar por un preso máis ante os amotinados. A partir dese momento, o protagonista terá que arriscar a base de astucia e mentiras, sen saber aínda o que lle ten preparado o destino.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Luís Tosar como Malamadre
- Alberto Ammann como Juan Oliver calzóns, alcumado "calzóns"
- Antonio Resines como Utrilla
- Marta Etura como Elena, a moza de Juan
- Carlos Bardem como Apache
- Manuel Morón como Almansa
- Luis Zahera como Releches
- Vicente Romero como Tachuela
- Fernando Soto como Armando Nieto
- Félix Cubero como Germán
- Manolo Solo
- Jesús Carroza
- Xavier Estévez
- Juan Carlos Mangas como Calígula
- Xosé Manuel Olveira "Pico"
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
8ª edición | Mellor filme | Daniel Monzón | Gañador |
Mellor director | Daniel Monzón | Gañador | |
Mellor actor | Luís Tosar | Gañador | |
Mellor actor secundario | Luis Zahera | Gañador | |
Carlos Bardem | Nomeado | ||
Mellor actriz secundaria | Marta Etura | Nomeada | |
Mellor guión | Jorge Guerricoechevarría e Daniel Monzón | Gañadores | |
Mellor dirección de produción | Alicia Tellería | Gañadora | |
Mellor dirección artística | Antón Laguna | Gañador | |
Mellor montaxe | Mapa Pastor | Gañador | |
Mellor música orixinal | Roque Baños | Nomeado | |
Mellor son | Sergio Burmann, Carlos Faroulo e Jaime Fernández | Gañadores | |
Mellor fotografía | Carles Gusi | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo e Inés Rodríguez | Gañadoras | |
Mellor deseño de vestiario | Montse Sancho | Gañadora |
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Gañadora | |
Mellor director | Daniel Monzón | Gañador |
Mellor actor protagonista | Luís Tosar | Gañador |
Mellor actriz secundaria | Marta Etura | Gañadora |
Mellor actor secundario | Carlos Bardem Antonio Resines |
Candidato Candidato |
Mellor actor revelación | Alberto Ammann | Gañador |
Mellor guión adaptado | Daniel Monzón Jorge Guerricaechevarría |
Gañadores |
Mellor música orixinal | Roque Baños | Candidato |
Mellor fotografía | Carles Gusi | Candidato |
Mellor montaxe | Mapa Pastor | Gañadora |
Mellor dirección artística | Antón Laguna | Candidato |
Mellor dirección de produción | Alicia Tellería | Candidata |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo Inés Rodríguez |
Candidatas |
Mellor son | Sergio Burmann Jaime Fernández Carlos Faruolo |
Gañadores |
Mellores efectos especiais | Raúl Romanillos Guillermo Orbé |
Candidatos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cela 211 na TVG". Diario Siglo XXI. 13 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2013.