18 comidas
Aparencia
18 comidas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 18 comidas |
Director | Jorge Coira |
Produtor | Fernanda del Nido Farruco Castromán Luís Tosar Hugo Castro Fau |
Guión | Jorge Coira Araceli Gonda Diego Ameixeiras |
Intérpretes | Luís Tosar Pedro Alonso Esperanza Pedreño María Vázquez Cristina Brondo Sergio Peris-Mencheta Víctor Clavijo Juan Carlos Bellido Víctor Dupla Xosé Barato Milan Tocinovski Ricardo de Barreiro Camila Bossa Xosé Manuel Olveira Víctor Fábregas Antonio Mourelos |
Música | Piti Sanz Iván Laxe |
Fotografía | Brand Ferro |
Montaxe | Jorge Coira |
Estudio | Tic Tac Producciones ZircoZine Lagarto Cine |
Distribuidora | Festival Films |
Estrea | 2010 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Comedia, drama |
Orzamento | 267 861 €[1] |
Recadación | 311.919,92 €[2] |
Na rede | |
18 comidas é un filme galego dirixido por Jorge Coira que se estreou no ano 2010.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Conta seis historias ao longo dun so día cun formato pouco convencional aberto á improvisación ao redor a dezaoito comidas, almorzos, xantares e ceas.
Un músico que atopa o amor da súa vida; dous borrachos almorzan combinados con marisco; un home cociña, cociña e cociña para unha muller que nunca chega; dous homes que se queren pero que se esconden; unha cociñeira soña con ser cantante; unha xove quere o que un home non dá en tanto un camareiro morre por ela; un macedonio perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se teñen dito todo almorzan, xantan e cean en silencio.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Luís Tosar como Edu
- Federico Pérez como Tuto
- Víctor Fábregas como Fran
- Esperanza Pedreño como Sol
- Gael Nodar Fernández como Gael
- Mario Zorrilla como Teo
- Pedro Alonso como Vladimir Torres
- Nuncy Valcárcel como Rosana
- Camila Bossa como Ana
- Juan Carlos Vellido como Juan
- Xosé Barato como Lucas
- Ricardo de Barreiro como Nito
- Cristina Brondo como Nuria
- Jorge Cabezas como Jorge Cabezas
- Víctor Clavijo como Víctor
- Antonio Mourelos como Víctor
- María Vázquez como Mar
- Xosé Manuel Olveira (Pico) como José
- Sergio Peris - Mencheta como Sergio
- Milan Tocinovsky como Spasek
- José María Pérez García como O avó
- María del Carmen Pereira Pena como A avoa
- Esteban Martínez como Carniceiro
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2010: Premio á mellor dirección para Jorge Coira no Festival Internacional de Taormina (Italia).
- 2010: Mención especial ao elenco do filme, por parte do Xurado do 15 Festival de Cine Internacional de Ourense.
- 2011: Premio á mellor película e premio do público no Festival CineEsCena.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
9ª edición | Mellor filme | Jorge Coira | Gañador |
Mellor director | Jorge Coira | Gañador | |
Mellor actor secundario | Antonio Mourelos | Nomeado | |
Federico Pérez | Nomeado | ||
Luís Tosar | Nomeado | ||
Mellor actriz secundaria | Camila Bossa | Nomeada | |
Cristina Brondo | Nomeada | ||
Mellor guión | Jorge Coira, Araceli Gonda e Diego Ameixeiras | Gañadores | |
Mellor dirección de produción | María Liaño | Gañadora | |
Mellor dirección artística | Antonio Pereira | Nomeado | |
Mellor montaxe | Jorge Coira | Gañador | |
Mellor música orixinal | Piti Sanz e Iván Laxe | Gañadores | |
Mellor son | Carlos Mouriño, Diego S. Staub e Carlos García | Gañadores | |
Mellor fotografía | Brand Ferro | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo | Nomeada | |
Mellor deseño de vestiario | Mariana Razetti | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Culturagalega.org
- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de A esmorga". Consultado o 2 de novembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Ficha no soportal do audiovisual galego.
- 18 comidas na IMDb (en inglés).
Categorías:
- Filmes de 2010
- Filmes en lingua galega
- Filmes en lingua castelá
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua macedonia
- Filmes dirixidos por Jorge Coira
- Filmes de Galicia
- Filmes de ZircoZine
- Filmes sobre temática LGBT de Galicia
- Premio Mestre Mateo ó mellor filme
- Filmes de 2010 con versión en galego
- Filmes rodados en Santiago de Compostela