Tic Tac Producciones
Aparencia
Tic Tac Producciones | |
---|---|
Tipo | empresa produtora de cinema |
Data de fundación | 2006 |
Fundador(es) | Fernanda del Nido |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tic Tac Producciones é unha produtora galega independente fundada o ano 2006 por Fernanda del Nido. O seu principal obxectivo é desenvolver e producir longametraxes de ficción e documentais, especialmente mediante coproducións entre Latinoamérica e Europa. Entre as súas produción destacan 18 comidas (2010), dirixida por Jorge Coira e coproducida por Lagarto Cine (Arxentina) e ZircoZine (Galicia), e Tralas luces (2011), documental dirixido por Sandra Sánchez e coproducida por Ukbar Filmes (Portugal) e Lagarto Cine, que acadou os premios á mellor longametraxe documental, á mellor dirección e á mellor montaxe na 10ª edición dos Premios Mestre Mateo 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Tic Tac Producciones Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Páxina web de AGAPI