Aida Quilcué
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1973 (51 anos) Páez, Colombia |
Actividade | |
Ocupación | ecoloxista, política |
Partido político | Movemento Alternativo Indíxena e Social |
Aida Marina Quilcué Vivas, nada en Páez, Cauca, é unha política, lideresa indíxena e social colombiana do pobo nasa. Pertence ao Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC), foi conselleira de dereitos humanos e da paz da UNESCO. En 2022 foi elixida ao Senado da República pola Circunscrición Especial Indíxena co aval do seu partido Movemento Alternativo Indíxena e Social (MAIS).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na década dos 90 foi promotora de saúde da Asociación Indíxena do Cauca (AIC).[2] No ano 2000 foi coordinadora do programa de saúde na AIC e no Consello Rexional Indíxena do Huila (CRIHU).[2]
Entre os anos 2003 e 2009, foi nomeada conselleira maior do Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC), sendo organizadora da Minga Indíxena de 2008 na que participaron miles de indíxenas que marcharon á cidade de Bogotá en protesta.[1] En devandita mobilización faleceu o seu esposo Edwin Legarda o día 16 de decembro nun hospital de Popayán tras recibir tres tiros de fusil disparados por soldados na estrada que comunica Inzá con Totoró, no departamento do Cauca.[3] Durante o xuízo e nos anos posteriores, Quilcué e a súa filla foron vítimas de ameazas de morte e atentados.[2][4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2021 foi gañadora do Premio Nacional á Defensa dos Dereitos Humanos en Colombia, na categoría Defensa a Toda una Vida.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Aida Quilcué, lideresa indígena que aspira al senado en defensa de la vida y la madre tierra". MAIS. 2020. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2022. Consultado o 05 de abril de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ganadora del Premio Nacional de Derechos Humanos en Colombia de 2021". Verdad Abierta. 2021.
- ↑ Aministía Internacional: Colombia: Amnistía Internacional condena la muerte del esposo de una líder indígena
- ↑ "Lideresa indígena que aspira al Senado ha sido amenazada más de 100 veces". Caracol Radio. 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aida Quilcué |