Saltar ao contido

Movemento Alternativo Indíxena e Social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento Alternativo Indíxena e Social
Movemento indixenista colombiano.
Dirixentes e organización
PresidentaMartha Peralta Epieyú
VoceiroFeliciano Valencia
Historia
Fundación2013
Posicións políticas
IdeoloxíaIndixenismo
Esquerda
Progresismo
Agrarismo
Representación
Escanos no Senado
1 / 108
Escanos na Cámara
2 / 172
Gobernacións
2 / 32
Deputados
3 / 418
Alcaldías
21 / 1.102
Concelleiros
315 / 12.063
Outros datos
SedeCarreira 5 No. 16-14 of. 704, Bogotá
Na rede
http://www.mais.com.co
Facebook: movimientomaisoficial Twitter: MovimientoMAIS Instagram: movimientomais Editar o valor en Wikidata

O Movemento Alternativo Indíxena e Social (en castelán: Movimiento Alternativo Indígena y Social; ou MAIS) é un partido político colombiano, xurdido do seo da Organización Nacional Indíxena de Colombia, de ideoloxía indixenista, progresista e agrarista.

Fundouse no ano 2013 no concello caucano de Santander de Quilichao. O 9 de marzo de 2014, nas eleccións lexislativas de Colombia de 2014, o partido alcanzou un escano no Senado da República de Colombia con Luis Evelis Andrade. O 11 de marzo de 2018, nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018, MAIS alcanzou con Feliciano Valencia un escano da circunscrición indíxena no Senado; tamén obtivo dous escanos da Cámara de Representantes con Abel David Jaramillo Largo pola circunscrición indíxena, e con César Pachón como representante por Boyacá.[1]

  1. Rexistraduría Nacional de Colombia Resultados Arquivado 12 de marzo de 2018 en Wayback Machine. Eleccións 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]