Saltar ao contido

Martha Peralta Epieyú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartha Peralta Epieyú

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
La Guajira, Colombia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Externado de Colombia
Universidade do Rosario Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMovemento Alternativo Indíxena e Social Editar o valor en Wikidata

Martha Isabel Peralta Epieyú, nada en Monguí, La Guajira o 11 de novembro de 1988,[1] é unha avogada colombiana, especialista en dereito ambiental e líder indíxena do pobo wayuu pertencente ao clan Epinayú Epieyú. É presidenta do partido político Movemento Alternativo Indíxena e Social (MAIS).[2] Peralta foi elixida ao senado da república de Colombia nas eleccións lexislativas de 2022 dentro da coalición do Pacto Histórico.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Peralta naceu no correxemento de Monguí en La Guajira, preto da capital Riohacha. Estudou no internado indíxena San Antonio de Aremasain.[4]

Estudou dereito na Universidade Externado de Colombia, e cursou unha mestría en goberno e políticas públicas con especialización en dereito ambiental na Universidade do Rosario. Durante o seu período de estudos acompañou á Organización Nacional Indíxena de Colombia (Onic) en varios proxectos.[2]

En 2015 vinculouse ao movemento MAIS como asesora xurídica para máis tarde participar na escola de formación política de devendito partido. Ademais foi asesora da ONIC perante a Axencia Nacional de Terras.[4] No ano 2017 foi nomeada directora nacional do seu movemento.[2]

En agosto de 2021 Martha Peralta contraeu matrimonio con Manuel Julián Molina, en Aritaure de La Guajira.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]