Aina Calvo
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Aina Calvo Sastre 13 de maio de 1969 (55 anos) Palma, España |
10ª Government Delegate in the Balearic Islands (en) | |
11 de febreiro de 2020 – ← Rosario Sánchez Garau (en) Lexislatura: XIII lexislatura de España Nomeado por: Pedro Sánchez | |
Q55658967 | |
13 de xullo de 2018 – 13 de febreiro de 2020 ← Luis Tejada Chacón (pt) – Ángeles Moreno Bau → | |
Alcaldesa de Palma | |
16 de xuño de 2007 – 11 de xuño de 2011 ← Catalina Cirer Adrover (en) – Mateu Isern → | |
Deputada do Parlamento das Illas Baleares | |
19 de xuño de 2003 – 3 de xuño de 2004 – Andreu Crespí Plaza (en) → Lexislatura: Q28710686 Circunscrición electoral: Mallorca | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade das Illas Baleares |
Actividade | |
Ocupación | política |
Empregador | Universidade das Illas Baleares |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Sitio web | ainacalvo.com |
Aina Calvo Sastre, nada en Palma en 1969, é unha política mallorquina pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Residiu en Zaragoza por motivos laborais familiares até 1983, cando regresa a Palma. Cursou estudos en Glasgow primeiro como estudante de posgrao cunha bolsa Erasmus e, máis adiante, como profesora da Universidade de Strathclyde.
É Doutora en Pedagoxía e profesora do Departamento de Ciencias da Educación da Universidade das Illas Baleares en situación de servizos especiais; profesora visitante da Universidade de Edimburgo. En 2003 afíliase ao PSIB-PSOE, sendo elixida deputada no Parlamento das Illas Baleares. Formou parte do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación como Subdirectora Xeral de Cooperación e Promoción Cultural da Axencia Española de Cooperación Internacional entre 2004 e 2006, cando é designada candidata do PSIB ao Concello de Palma. Nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 a súa candidatura queda en segundo lugar, pero consegue formar goberno grazas a un pacto con UM. Con todo, en febreiro de 2010 creba o pacto de goberno ao expulsar os concelleiros de UM tras ser sospeitosos de corrupción, gobernando o resto da lexislatura en minoría. Perdeu as eleccións municipais do 22 de maio de 2011, manténdose como portavoz do Grupo Municipal.
Durante o 38º Congreso do PSOE, formou parte do equipo de Carme Chacón na súa candidatura á secretaría xeral do PSOE, que foi derrotada pola de Alfredo Pérez Rubalcaba.
En marzo de 2012, dimite como secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma. Non obstante, tras a dimisión do seu sucesor, postúlase para dirixir de novo a agrupación local. O 6 de xullo de 2012 volve ser elixida secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma, obtendo o 64,7% dos votos fronte ao 35% do seu rival Jaume Garau.[1]
En 2014 presentouse ás primarias para ser candidata do PSIB-PSOE á presidencia do Govern de les Illes Balears, que finalmente gañou Francina Armengol cun 54,58%. Calvo logrou un 45,65%.
Aina Calvo abandonou o concello de Palma nas eleccións de 2015 despois de oito anos, catro no goberno como alcaldesa e catro na oposición. En xullo de 2015 reincorporouse como profesora á Universidade das Illas Baleares.
En xullo de 2018 foi nomeada directora da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), en substitución de Luis Tejada.[2] Tomou posesión o 13 de xullo.[3]
Cargos desempeñados
[editar | editar a fonte]- Deputada no Parlamento Balear (2003-2004)
- Concelleira no Concello de Palma (2007-2015)
- Alcaldesa de Palma (2007-2011)
- Secretaria xeral do PSOE de Palma (2008-2012)
- Portavoz do Grupo Socialista no Concello de Palma (2011-2015)
- Secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma (2007-2017)
Predecesor: Catalina Cirer |
Alcaldesa de Palma 2007-2011 |
Sucesor: Mateu Isern |
Predecesor: José Hila Vargas |
Portavoz do Grupo Socialista no Concello de Palma 2011-2015 |
Sucesor: Joan Ferrer |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.elmundo.es/elmundo/2012/07/06/baleares/1341600451.html
- ↑ "Portal Web AECID Aina Calvo, nueva Directora de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo". www.aecid.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2021. Consultado o 13 de xullo de 2018.
- ↑ "Calvo toma posesión con Borrell". Diario de Mallorca. 14 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aina Calvo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 02 de febreiro de 2022 en Wayback Machine.