Ainhoa Lameiro
Nome orixinal | Ainhoa Lameiro Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de setembro de 2000 Salceda de Caselas |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | Piragüismo en slálom |
Disciplina deportiva | Slálom |
Membro do equipo deportivo | Club Piragüismo Penedo |
Ainhoa Lameiro Rodríguez, nada en Salceda de Caselas o 21 de setembro de 2000,[1] é unha deportista galega, que compite en piragüismo na modalidade de slálom.
En 2019 proclamouse subcampioa do mundo ao gañar a prata na proba de C1 por equipos do Campionato Mundial de Piragüismo en Slálom.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no piragüismo aos 12 anos e entrou no Club Piragüismo Penedo de Tui, primeiro na modalidade de pista e pouco despois en augas bravas. No seu segundo ano proclamouse campioa de España da súa franxa de idade e aos 14 anos entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, no que estivo catro anos[1]
Participou en varios Europeos e Mundiais júnior logrando un bronce en 2018 xunto a Pau Echaniz no Mundial júnior en Ivrea (Italia), na categoría de C2 mixto.[2] En 2019 competiu no Campionato Mundial sub-23 e debutou internacionalmente na categoría absoluta no Campionato Europeo celebrado en Pau, onde finalizou sétima no C1 feminino por equipos.[3]
En setembro de 2019, no Campionato Mundial en La Seu d'Urgell, logrou a medalla de prata en C1 por equipos, xunto a Nuria Villarrubla e Klara Olazabal.[4] Nese mesmo Mundial participou tamén en C2 mixto, xunto a Pau Echaniz, finalizando en oitava posición.[5]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2019 | La Seu d'Urgell | Prata | C1 por equipos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ainhoa Lameiro, la pionera que abrió un nuevo paso entre las aguas al piragüismo gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de maio de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "Campionato Mundial Júnior 2018" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "Campionato de Europa Pau 2019" (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "Ainhoa Lameiro y Luis Fernández logran dos platas históricas para Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 25 de setembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados Seu d'Urgell 2019" (PDF). CanoeSlalom (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ainhoa Lameiro en CanoeResults.eu (en inglés).
- Ainhoa Lameiro na web da Federación Internacional de Piragüismo (en inglés).