Akatsuki (sonda espacial)
Akatsuki / Planet C / Venus Climate Orbiter | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | JAXA |
Destino actual | En órbita de Venus.[1] |
Data de lanzamento | 20 de maio de 2010, 21:58 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-IIA[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Tanegashima[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do clima de Venus.[3][6] |
NSSDC ID | 2010-020D |
Masa | 320,0 kg[3] |
Dimensións | Caixa de 1,6 x 1,6 x 1,25 m[3] |
Potencia | 1200 W[3] |
Akatsuki, coñecida tamén como Venus Climate Orbiter (VCO) e como Planet C antes do lanzamento, é unha sonda espacial da axencia espacial xaponesa JAXA lanzada o 20 de maio de 2010 mediante un foguete H-IIA desde o Centro de Lanzamento de Tanegashima.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Akatsuki (amanecer en xaponés) é estudar a atmosfera de Venus en distintas lonxitudes de onda e desentranar o seu funcionamento, así como buscar posible evidencia de actividade volcánica e de relampos. Para iso a sonda leva catro cámaras distintas e un experimento de radio.[2][3][5][6]
A nave ten forma de caixa de 1,6 x 1,6 x 1,25 m con dous paneis solares que proporcionan ata 1200 vatios de potencia eléctrica e unha antena de alta ganancia de 1,6 m de diámetro. No lado oposto á antena se atopa o motor de manobra, de 500 N de impulso e alimentado por hidracina e tetróxido de nitróxeno. Distribuídos pola nave hai 12 propulsores de control de 23 e 3 N de pulo, alimentados só por hidracina. Akatsuki estabilízase nos tres eixos axudada por catro volantes de inercia. O coñecemento da actitude vén dado por unha unidade de referencia inercial, seguidores de estrelas, sensores solares e acelerómetros. No momento do lanzamento a masa da sonda era de 480 kg, propelente incluído, dos cales 34 kg eran de instrumentación científica.[2][3][5][6]
A enerxía producida polos paneis pode ser almacenada en baterías ou usada directamente pola nave. As comunicacións teñen lugar mediante un transpondedor de 20 W funcionando en banda X usando a antena de alta ganancia ou unha das dúas antenas de media ganancia e outras dúas de baixa ganancia. O control térmico acádase mediante illamento multicapa, radiadores e quentadores deseñados para que o interior da nave non pase de 20 °C.[2][3][5][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Akatsuki levaba seis instrumentos a bordo:[3][5][6]
- Cámara de 1 Micron (IR1): obtén imaxes das partes inferiores da atmosfera usando lonxitudes de onda de 0,90, 0,97 e 1,01 micrómetros.
- Cámara de 2 Micróns (IR2): obtén imaxes das partes inferiores e medias da atmosfera usando lonxitudes de onda de 1,73, 2,26 e 2,32 micrómetros.
- LIR (Longwave Infrared Camera, Cámara de Infravermello de Ondas Largas): estuda a atmosfera superior usando lonxitudes de onda de 10 micróns.
- UVI (Ultraviolet Imager, Cámara Ultravioleta): observa a capa superior da cuberta de nubes nas lonxitudes de 263 e 365 nanómetros.
- LAC (Lightning and Airglow Camera, Cámara de Relampos e Brillo Atmosférico): busca brillos e relampos na atmosfera.
- Oscilador ultraestable: non é un instrumento en si, pero permite o seguimento preciso da nave mediante ondas de radio.
Perfil da misión
[editar | editar a fonte]Akatsuki foi lanzada o 20 de maio de 2010 e posta nunha órbita de transferencia cara Venus. A nave chegou ao seu destino o 6 de decembro de 2010 e o acendido do motor para entrar en órbita do planeta comezou ás 23:49 UTC, con Akatsuki pasando por detrás do planeta durante 22 minutos, nos cales non podería haber comunicación coa sonda. O contacto coa nave non se retomou á hora prevista se non máis dunha hora despois do previsto. O control de terra descubriu que o motor principal fallara debido a unha válvula do sistema de propelente, impedindo a inserción orbital. Tras unha análise da situación, co motor principal inservible, o equipo da misión conseguiu, usando os propulsores de control, facer entrar á sonda na órbita de Venus o 7 de decembro de 2015, cun perixeo de 400 km, un apoxeo de 440.000 km e uns 3 graos de inclinación orbital, unha órbita final moi distinta da órbita científica planeada orixinalmente.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AKATSUKI (PLANET-C)" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Note verbale dated 15 September 2010 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-57946). 22 de novembro de 2010: 2. Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 NASA (27 de abril de 2016). "Akatsuki" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Planet-C / Akatsuki" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Planet C (VCO, Akatsuki)" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "Akatsuki" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2018.