Akon
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Alioune Badara Thiam N'gulu a Lulu 16 de abril de 1973 (51 anos) St. Louis (Estados Unidos de América) |
Outros nomes | Akon belalia |
Relixión | Musulmán |
Educación | William L. Dickinson High School (en) Universidade de Atlanta (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, empresario, filántropo, produtor musical, rapeiro, compositor de cancións, emprendedor |
Período de actividade | 1996 - |
Xénero artístico | R&B contemporáneo, música hip hop, música pop, pop dance, Reggae, dancehall (pt) , Pop rap (pt) e música para bailar |
Instrumento | Voz, teclado, sintetizador e Batería |
Selo discográfico | Konvict Muzik (pt) Republic Records UpFront Records (en) Universal Motown Republic Group (en) SRC Records (en) Atlantic Records Kon Live Distribution (pt) BMG Rights Management |
Familia | |
Pai | Mor Thiam |
Sitio web | akon.com |
|
Aliaune Badara Akon Thiam, máis coñecido por Akon, nado en Saint Louis (Missouri) o 30 de abril de 1973, é un cantante de rap e R&B e produtor musical estadounidense de orixe Senegalesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nos Estados Unidos, onde residía a súa familia, seu pai Mor Thiam, músico senegalés que tocou con importantes grupos de jazz. Akon viviu en Dakar ata os sete anos cando a súa familia se move definitivamente a Nova Jersey. Akon afirma que durante tres anos estivo en prisión e durante ese tempo aprendeu o que lle podía ofrecer a música. Fíxose famoso co sinxelo de 2004 Locked Up extraído do seu primeiro álbum Trouble. No seu segundo álbum, Konvicted, incluíase o sinxelo Smack That polo que foi nomeado ós Premios Grammys. É o fundador de dous selos discográficos Konvict Muzik e Kon Live Distribution.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akon |