Al Jolson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Asa Yoelson 26 de maio de 1886 Seredžius (Imperio Ruso) |
Morte | 23 de outubro de 1950 (64 anos) San Francisco (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Hillside Memorial Park Cemetery (pt) |
Outros nomes | Al Jolson |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de teatro, humorista, músico de jazz, actor de cinema, cantante, compositor de cancións |
Período de tempo | Século XX |
Período de actividade | 1898 - 1950 |
Empregador | Warner Bros. |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Xénero artístico | Vodevil, música pop tradicional e Blues |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Decca Records Victor |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Ruby Keeler (1928–1940) |
Irmáns | Harry Jolson |
Premios | |
Páxina web | jolson.org |
|
Asa Yoelson, nado en Seredzius (Lituania) o 26 de maio de 1886 e finado en San Francisco (California) o 23 de outubro de 1950, foi un cantante, actor, guionista e director de música estadounidense de orixe lituana, coñecido como Al Jolson. Jolson foi alcumado "o rei da blackface",[1][2] convención teatral dende mediados do século XIX. Tamén foi chamado "o artista máis grande do mundo" no cumio da súa carreira. O seu estilo interpretativo era atrevido e extravertido, e popularizou moitas cancións.[3] Na década de 1920, Jolson era o artista máis famoso e mellor pagado dos Estados Unidos.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jolson era fillo dun rabino que en 1893 se trasladou con toda a súa familia aos Estados Unidos.[5] Alí desenvolveu unha gran variedade artística, primeiro como animador en vodevís, cafés, prazas e circos, e logo no teatro, onde realizaba repertorios burlescos en obras como La Belle Parée (1911), Robinson Crusoe, Jr. (1916) e Sinbad (1918-1920).
Asa e o seu irmán Hirsch, rebautizados como Al e Harry, iniciaron a súa carreira teatral moi novos. Al tomou entón o costume de tinguir o rostro de negro, o que lle valeu o seu primeiro éxito.[6]
En 1920, interpretou "Swanee", un tema de George Gershwin e Irving Caesar que lle deu sona en todos os Estados Unidos. Despois, presentou Bombo, un espectáculo co que continuou o éxito. Con 35 anos, Jolson foi o home máis novo dos Estados Unidos cun teatro co seu nome.[7] En 1925 coñeceu un novo éxito con Big Boy e a canción "California, Here I Come".
No ano 1927 actuou no filme The Jazz Singer, que tiña un argumento moi semellante á súa vida real, como fillo dun rabino. Foi o primeiro filme sonoro, e catapultouno definitivamente á fama. Posteriormente interpretou a versión en teatro con éxito rotundo en todo o país e en Europa. A súa famosa frase "Un momento, un momento, aínda non escoitaches nada!" pasou á historia do cinema. No filme dirixido por Alan Crosland, Jolson cantou varios temas ("Mammy", "Toot, Toot, Tootsie, Goodbye", "Dirty Hands, Dirty Face", "Blue Skies", "Mother, I Still Have You" etc), converténdose nunha estrela da sétima arte, ao que regresa pouco despois interpretando The Singing Fool (1928), fita dirixida por Lloyd Bacon coa que acadou unha popularidade maior aínda que con The Jazz Singer. Nela interpretou "Sonny Boy", un dos máis grandes éxitos da súa historia artística.
A carreira de Al Jolson no cinema continuou nos anos seguintes con Say It With Songs (1929), Mammy (1930) e Hallelujah, I'm a Bum (1933, baixo a dirección de Lewis Milestone), aínda que estes traballos non conseguiron nin moito menos o éxito de público dos precedentes.
A Warner tentou entón relanzar a súa carreira Wonder Bar (1934); os compañeiros de elenco de Jolson foron Dolores del Río, Kay Francis e Dick Powell, mais o filme foi un fracaso.
O músico contraeu matrimonio con Ruby Keeler, unha estrela das revistas musicais, coa que interpretou Go into Your Dance en 1935. Ao ano seguinte protagonizou The Singing Kid antes de volver aos escenarios de music-hall.
Retornou á gran pantalla en 1939 con Rose of Washington Square. En Rhapsody in Blue (1945), un filme que repasa a vida de George Gershwin, Jolson interpretouse a el mesmo, cantando obras do compositor que lle proporcionou o seu primeiro grande éxito en moito tempo.
En 1946, prodúcese o filme The Jolson Story, dirixido por Alfred Green e en que o cantante prestou a súa voz ao actor Larry Parks, encargado de interpretar a súa vida na pantalla. O filme foi un grande éxito que lle permitiu relanzar a súa carreira como cantante.
Aínda en vida de Jolson estreouse un segunda filme-homenaxe á súa carreira (Jolson Sings Again, 1949, dirixido por Henry Levin), o que prolongou esta segunda época de éxito do artista.
Poucos meses antes da súa morte, acontecida o 23 de outubro de 1950 en San Francisco debido a un ataque ao corazón, montou un espectáculo musical dirixido ás tropas estadounidenses destinadas na guerra de Corea.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1926 | A Plantation Act | El mesmo | |
1927 | The Jazz Singer | Jakie Rabinowitz | |
1928 | The Singing Fool | Al Stone | |
1929 | Sonny Boy | El mesmo | Cameo |
Say It with Songs | Joe Lane | ||
New York Nights | El mesmo | Cameo | |
1930 | Mammy | Al Fuller | |
Showgirl in Hollywood | El mesmo | Cameo | |
Big Boy | Gus | ||
1933 | Hallelujah, I'm a Bum | Bumper | |
1934 | Wonder Bar | Al Wonder | |
1935 | Go into Your Dance | Al Howard | |
1936 | The Singing Kid | Al Jackson | |
1939 | Rose of Washington Square | Ted Cotter | |
Hollywood Cavalcade | El mesmo | ||
Swanee River | Edwin P. Christy | ||
1945 | Rhapsody in Blue | El mesmo | |
1946 | The Jolson Story | El mesmo | Sen acreditar |
1949 | Jolson Sings Again | El mesmo | Sen acreditar |
Oh, You Beautiful Doll | El mesmo | Sen acreditar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moss, Robert F. (20 October 2000). "Was Al Jolson 'Bamboozled'?". Los Angeles Times. Consultado o 22 de setembro de 2018.
- ↑ Rogin, Michael (primavera de 1992). "Blackface, White Noise: The Jewish Jazz Singer Finds His Voice". Critical Inquiry (University of Chicago Press) 18 (3): 417–453. JSTOR 1343811. doi:10.1086/448640.
- ↑ Ruhlmann, William. "Al Jolson". AllMusic. Consultado o 22 de setembro de 2018.
- ↑ Bainbridge, Beryl (2005). Front row: Evenings at the Theatre. Londres: Continuum. p. 109. ISBN 9780826482785.
- ↑ Freedland, Michael. Al Jolson. W.H. Allen. pp. 17–18.
- ↑ 6,0 6,1 Stars over Broadway. PBS.org.
- ↑ Goldman, Herbert G. (1988). Jolson: The Legend Comes to Life. Oxford University Press. p. 117. ISBN 978-0195055054.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al Jolson |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Young, Jordan R. 1999. The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- International Al Jolson Society
- Al Jolson recordings at the Discography of American Historical Recordings.
- Newsreel at the Internet Archive, including Jolson's death and funeral
- The Museum of Family History
- Radio programs at Zoot RadioArquivado 04 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
- Documentary about Al Jolson and the making of The Jazz Singer
- Nados no condado de Tauragės
- Nados en 1886
- Finados en 1950
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Cantantes dos Estados Unidos de América
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Actores dos Estados Unidos de América
- Estadounidenses de ascendencia lituana
- Estadounidenses de ascendencia xudeolituana