Alacha
Alacha Sardinella aurita | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alacha | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Sardinella aurita Valenciennes, 1847 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A alacha,[2] lacha,[3][4] sardinela lombuda,[4] ou sardinela atántica,[4], son varios dos nomes con que en Galicia se coñece a especie Sardinella aurita, Valenciennes 1847, peixe mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos semellante á sardiña e á zamborca.
Características
[editar | editar a fonte]Ten o corpo alongado, fusiforme, de ata 30 cm de lonxitude e coloración azulada cunha conspicula liña amarela ao longo dos flancos que frecuentemente desaparece despois de morto. Os adultos teñen unha pequena mancha negra característica detrás do opérculo e, frecuentemente, a punta da mandíbula, a lingua e a cámara branquial escuras.[5]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Vive no Atlántico oriental, desde o estreito de Xibraltar e o mar Mediterráneo (onde a súa presenza é esporádica) [5] ata Suráfrica, e no occidental, desde os Estados Unidos ata á Arxentina.
É unha especie peláxica, migradora, gregaria, que forma cardumes frecuentemente asociado ás sardiñas, buscando as augas máis frías e salgadas onde abunda o alimento; en verán, aproxímase ao litoral, e en inverno volve ás augas máis profundas de mar aberto.[5]
Interese pesqueiro e comercial
[editar | editar a fonte]Péscase e comercialízae igual que a sardiña, pero a súa carne é menos graxa e ten numerosas espiñas longas e finas.[5]
Utilízase para a elaboración de conservas de sardiña, pero na etiquetaxe debe indicarse claramente o nome común e científico, para diferenciala ante o consumidor da sardiña verdadeira. Forma parte das denominadas conservas de produtos tipo sardiña xunto a unha longa lista de especies semellantes e comercializadas e presentadas de forma similar ás conservas de sardiña [6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sardinella aurita Valenciennes, 1847 en WORMS.
- ↑ Ríos Panisse (1977), recolleu este nome na Guardia.
- ↑ Ríos Panisse, Op. cit., recolleu este nome en Pontedeuma, Noia, Abelleira, Muros e Ribeira.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Lahuerta e Vázquez (2000)
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Bauchot e Pras (1982), p. 99.
- ↑ Regulamento (CE) n° 1181/2003 da Comisión, de 2 de xullo de 2003, que modifica o Regulamento (CEE) n° 2136/89 do Consello, polo que se establecen normas comúns de comercialización para as conservas de sardiñas (DOUE L 165, de 3.07.2003) [1].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alacha |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.