Alain Badiou
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1937 (87 anos) Rabat, Marrocos |
Educación | École Normale Supérieure Liceo Louis-le-Grand |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría de conxuntos, Metapolítica, ontoloxía e Marxismo |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | filósofo, profesor universitario, escritor, matemático, editor literario, novelista, dramaturgo, científico |
Empregador | École Normale Supérieure (1999–) Universidade de París 8 (1969–1999) European Graduate School University of Reims (en) |
Partido político | Partido Socialista Unificado Q3117408 |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Doutorando | Gabriel Rockhill (en) , Patrick Vauday (pt) , Alenka Zupančič (pt) , André Hirt (pt) , Vladimir Safatle e Alain Beaulieu (en) |
Familia | |
Pai | Raymond Badiou |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, |
Páxina web | alain-badiou.jimdofree.com |
|
Alain Badiou, nado en Rabat o 17 de xaneiro de 1937, é un filósofo, dramaturgo e novelista francés de orientación maoísta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Raymond Badiou (1905-1996), foi membro da SFIO (Section française de l'Internationale ouvrière), formando parte da Resistencia francesa durante a ocupación nazi, e alcalde de Tolosa entre 1944 e 1958.
Realizou estudos de filosofía na École Normale Supérieure de París entre 1956 e 1961. Impartiu leccións na Universidade de París e na ENS entre 1969 e 1999, cando foi nomeado director do departamento de filosofía. Tamén imparte cursos no Collège international de philosophie. Foi discípulo de Louis Althusser, influenciado polos seus primeiros traballos epistemolóxicos. Tamén é seguidor de Jacques Lacan e Mao Zedong.
Militante desde novo, foi membro fundador do PSU en 1960. Implicado nos movementos políticos arredor do maio francés, e simpatizante da esquerda maoísta, ingresou na Union des communistes de France Marxiste-Léniniste en 1969. Actualmente participa no grupo L'Organisation Politique, xunto con Sylvain Lazarus e Natacha Michel.
A súa obra principal é L'Être et l'Événement (O ser e o coñecemento, 1988), onde defende que as matemáticas constitúen a verdadeira ontoloxía, ou "ciencia do ente en canto ente". En 2006 publicou a segunda parte, Logique des mondes. L'être et l'événement 2.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Hai oito obras súas traducidas ó galego:[1]
- Rapsodia polo teatro: breve tratado filosófico (Sotelo Blanco, 1994); Traducida por Luis Martul e Emilio Araúxo, que tamén traduciu a obra ó castelán.
- Dun desastre escuro e outros textos (Laiovento, 1995). Traducida por Francisco Sampedro. ISBN 978-84-87847-62-2.
- A Ética. Ensaio sobre a conciencia do Mal (Noitarenga, 1995). Traducida por Emilio Araúxo e Luis Martul.
- ABNM (Noitarenga, 1997).
- Beckett (Noitarenga, 1997).
- Para unha nova teoría do suxeito (Noitarenga, 2000).
- A Revolución Cultural (Noitarenga, 2003).
- Alén da formalización (Noitarenga, 2005).
- Pequeno panteón portátil (Laiovento, 2009). Traducida por Francisco Sampedro.
Filosofía
[editar | editar a fonte]- Le Concept de modèle, éditions François Maspero, París, 1969.
- Théorie de la contradiction, éditions François Maspero, París, 1975.
- Théorie du sujet, Seuil, 1982.
- Peut-on penser la politique ?, Seuil, 1985.
- L'Être et l'Événement, Seuil, 1988.
- Manifeste pour la philosophie, Seuil, 1989.
- Le Nombre et les Nombres, Seuil, 1990.
- Conditions, Seuil, 1992.
- Saint Paul. La fondation de l’universalisme, PUF, París, 1997.
- L'Éthique, essai sur la conscience du mal, Hatier, París, 1993 (reedición Nous, Caen, 2003).
- Deleuze, Hachette, 1997
- Abrégé de métapolitique, Seuil, 1998.
- Court Traité d'ontologie provisoire, Seuil, 1998.
- Petit Manuel d'inesthétique, Seuil, 1998.
- Le Siècle, Seuil, París, 2005.
- Logiques des mondes. L'être et l'événement, 2, Seuil, París, 2006.
- Le Concept de modèle. Introduction à une épistémologie matérialiste des mathématiques, Fayard, París, 2007 (reedición, aumentada cun longo prefacio, do libro publicado en 1969).
- Petit Panthéon portatif, La Fabrique, París, 2008.
Ensaios políticos
[editar | editar a fonte]- Dun desastre escuro e outros textos (D'un désastre obscur), éditions de l'Aube, 1991.
- Circonstances, 1. Kosovo, 11 septembre, Chirac/Le Pen, Lignes & Manifeste, 2003.
- Circonstances, 2. Irak, foulard, Allemagne/France, Lignes & Manifeste, 2004.
- Circonstances, 3. Portées du mot «juif», Lignes & Manifeste, 2005.
- Circonstances, 4. De quoi Sarkozy est-il le nom?, Nouvelles Éditions Lignes, 2007.
Novelas
[editar | editar a fonte]- Almagestes. Trajectoire inverse I, Le Seuil, 1964.
- Portulans. Trajectoire inverse II, Le Seuil, 1967.
O terceiro tomo de Trajectoire inverse, anunciado baixo o título de Bestiaires, nunca foi publicado.
- Calme bloc ici-bas, P.O.L., 1997.
Pezas de teatro
[editar | editar a fonte]- L'Écharpe rouge (romanopéra), Maspero, 1979.
- Ahmed le subtil, Actes-Sud, 1984.
- Ahmed Philosophe, suivi de Ahmed se fâche, Actes-Sud, 1995.
- Les Citrouilles (comédie), Actes-Sud, 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alain Badiou |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Charles Ramond (éd), Penser le multiple, París, Éditions L'Harmattan, 2002
- Fabien Tarby, La Philosophie d'Alain Badiou, París, Éditions L'Harmattan, 2005
- Fabien Tarby, Matérialismes d'aujourd'hui : de Deleuze à Badiou , París, Éditions L'Harmattan, 2005
- Bruno Besana et Oliver Feltham (éd), Écrits autour de la pensée d'Alain Badiou, París, Éditions L'Harmattan, 2007.
- Rémy Bac, La soustraction de l'être, París, Le grand souffle, 2008.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dúas conferencias de Alain Badiou (en castelán)
- "El estatuto filosófico del poema después de Heidegger", por Alain Badiou (en castelán)
- La ética. Ensayo sobre la conciencia del Mal, por Alain Badiou (en castelán)
- "Panorama de la Filosofía Francesa Contemporánea", por Alain Badiou (en castelán)
- Bibliografía de Alain Badiou (en castelán)